O trasno. De relixións


Resulta que Trump ten relixión. Dicían que non, que sempre se levara mal con esas cousas, que non era un tipo precisamente sensible para as cousas do espírito e que o único valioso para el eran os beneficios do seu imperio empresarial e as misses América. Foi ben sonora a liorta co papa Francisco a conta do proxecto –ben ilustrativo do seo alto nivel compasivo- de facer un muro con México. Daquela o Papa dixera que tales ideas non podían vir dunha persoa cristiá. E Trump retrucara da súa maneira.

A súa guía espiritual é Paula White, que ten un aspecto moi Trumpista, pero que é unha lideresa pentecostalista. E, máis en concreto, lidera o que se chama a teoloxía da prosperidade. Para quen non haxa dúbidas. Non a teoloxía da fraternidade, non a teoloxía da xustiza, nin moito menos a da igualdade. Tampouco da encarnación, da kénose nin da inculturación. Vai de cara: a prosperidade, o trunfo, o enriquecimento como bendición merecida e divina. Nada novo. É o que necesitaron todos os vencedores da longa batalla da historia: que alguén bendiga a súa impúdica riqueza, a súa arbitrariedade, a súa manifesta falta de humanidade. Paula visita cada quince días a Donald na casa Branca, informa a prensa recente. E deben retroalimentarse.

Disque son herdeiros do reverendo Norman Vincent Peale, exitoso predicador que morreu no 93, que vendeu millóns de exemplares do seu libro “O poder do pensamento positivo” e que congregaba na súa prédica neoiorquina aos protestantes ricos da meca do capitalismo global. Era un cristianismo xeneticamente modificado, convertido en terapia e de “autoaxuda” para ricos, de desculpabilización e toneladas de , “Iuhu!!!!, …temos que pensar ao grande e comer o mundo”.

Coincidiu no tempo esa información sobre a relixión de Trump coa nova da extradición do coronel Montano, un dos presuntos asasinos de Ellacuría e demais compañeiras e compañerios. Haberá quen non se lembre. Pero está ben o contraste, porque Ignacio Ellacuría profesaban tamén unha relixión. Que se explicaba na teoloxía da liberación. Que si ten que ver co abaixamento, coas compaixón e coa igualdade que liberan. Un cristianismo sen fandangos nin autoaxudas. Brutalmente honesto.

Se cadra nesta fase que vivimos de analfabetismo relixioso hai quen non ve a diferencia. Pero fagámolo fácil: Para Ellacuría e os seus o sagrado era xustiza coas vítimas e a liberación dos pobres. E morreron por defendelos. Para Paula e Donald o sagrado é a súa prosperidade e o seu inxente patrimonio, e matarían por defendelo.

Daniel López Muñoz

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s