O noso taboleiro: ASUN, MESTRA DE VIDA


ASUN, MESTRA DE VIDA

Este é o título do libro que a ASOCIACION MULLERES CRISTIÁS GALEGAS EXERIA adicou a ASUN LOUZÁN TOMÉ como recoñecemento e homenaxe a unha muller que puxo ao servizo das persoas e colectivos con quen se relacionou, a súa intelixencia, a súa creatividade e o seu compromiso consecuencia da súa profunda fe.

O limiar do libro é un texto precioso de Pilar Wirtz. Nel recoñece que con esta publicación o que pretendemos é presentar a Asun seguindo o curso do seu río vital cara arriba e cara abaixo. Cara arriba, cara á fonte que fixo posible a súa existencia real e concreta. Asun e a fondura da súa fe, o Misterio da súa intimidade habitada. Cara abaixo, os lugares por donde foi transitando, donde foi poñendo as súas capacidades, a súa creatividade, a súa sensibilidade, a súa sabedoría. En todos eses lugares, familia, traballo, parroquia, proxectos, Asun deixou a súa pegada única e orixinal.

A pegada de Asun non pode quedar envolta no silencio, oculta… Ese silencio que nos leva a esquecer o valor das mulleres aínda que sexan extraordinarias como ela. Non, as súas compañeiras decidimos sacala á luz. Que brille, que sorprenda, que se vexa e que se vexa ben, con colores fortes como os dos seus vestidos.

O libro ten a riqueza dos traballos colectivos, corais, donde moita xente, amigas, familiares, compañeiras de traballo, catequistas, tertulianas e todas nós, fomos quen de poñer a nosa palabra, de expresar que foi o que aprendemos de Asun, tamén a nosa admiración pola súa capacidade, pola súa autenticidade polo seu compromiso, ou por todo ese cariño que ela foi capaz de xerar en nós. O libro ten esa delicadeza de deseño en cada páxina que vai totalmente acorde coa personalidade de Asun.

Tivo este libro moi boa acollida nas distintas presentacions que se fixeron (Asemblea de MCG, Escola de Espiritualidade, Corcubión, a súa terra natal) e esperamos que a siga tendo nas presentacions pendentes .

A nós, as Mulleres Cristiás Galegas, serviunos para coñecer mellor a nosa amiga inesquecible. Serviunos como medio para poder rescatar do silencio, esta vida tan rica. Serviunos para recordar, para admirar, para celebrar, para añorar… E tamén para deixala LIBRE, que voe, que goce, que encontre por fin o verdadeiro sentido da súa vida e a plenitude dun AMOR, que sempre sempre a habitou.

ELVIRA SANTOS PENA (Mulleres Cristiás Galegas Exeria)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s