O fachineiro do Vindel


A calidade de Codax

Peregrinou este fachineiro ata a exposición do Museo de Mar de Vigo onde se pode ver un humilde folio chamado pergamiño Vindel que contén uns textos froito da nosa espléndida literatura medieval. O nome vénlle do libreiro que o atopou facendo de forro doutro libro e as vicisitudes desta obra ao longo do século XX dan para unha película de acción. Dende 1977 pertence á Biblioteca Morgan en Nova York, o mesmo Morgan do Banco, o mesmo banco que sacou proveito cando lles estoupou a burbulla, pero iso é outro fachineiro. O caso é que o Vindel volveu á casa, a ver as mesmas ondas do mar de Vigo que arrolan os versos de Martín Codax, esa casa na que foi creado hai setecentos anos. Codax é un autor único, xoga noutra división, porque vai máis alá das cantigas que se compoñían en relación a unha ermida ou igrexa concreta como fixo Xoán de Cangas ou Nuno Treez. Pero todos eles forman parte dun fenómeno común, o dos xograres que, polo seu talento, foron tan recoñecidos como para seren incluídos nos cancioneiros a carón dos señores da alta aristocracia. É coma se ao foro de Davos invitan a un que vende panos de papel nos semáforos. Malia esa orixe humilde, aí está Codax coa súa arte. Ir velo é un deber inescusable. Temos durante tres meses a orixe da nosa historia literaria ao alcance dos sentidos. Imperdible.

A.Q.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s