DOMINGO 19 de novembro. XXXIII do Tempo Ordinario


Hands Busy Activity Action Doing PurposeA PALABRA Mt 25, 14-30

Naquel tempo, dixo Xesús aos discípulos esta parábola: «un home que, tendo que saír de viaxe, chamou polos seus criados e deulles o coidado da súa facenda. A un deulle cinco talentos, a outro dous e a outro un, a cadaquén segundo a súa capacidade; despois marchou. De seguida, o que recibira cinco talentos foi negociar con eles e gañou outros cinco. Do mesmo xeito o que recibira dous, gañou outros dous. Mais o que recibira un foi cavar un burato na terra e escondeu os cartos do seu amo. Ao cabo de moito tempo chegou o señor daqueles criados, pedíndolles contas. Chegou o que recibira cinco talentos e presentoulle outros cinco dicindo: “Señor, cinco talentos me entregaches, velaquí outros cinco que gañei”. Díxolle o señor: “Ben, criado fiel e cumpridor; xa que fuches fiel no pouco, poñereite á fronte do moito: pasa a gozar da festa do teu señor”. Chegou o que recibira dous talentos e dixo: “Señor, dous talentos me entregaches, velaquí outros dous que gañei”. E díxolle o señor: “Ben, criado fiel e cumpridor; xa que fuches fiel no pouco, poñereite á fronte do moito: pasa a gozar da festa do talento e dádello ao que ten dez. Porque ao que ten, háselle dar e abondo; mais ao que non ten, aínda o que ten se lle ha quitar. E ao criado inútil botádeo fóra á escuridade, onde será o pranto e mais o renxer dos dentes.»

A CLAVE. José Antonio Martínez

A parábola dos talentos intégrase dentro do coñecido coma discurso escatolóxico ou apolíptico, que ocupa os capítulos 24 e 25 do evanxeo de Mateo. Con Xesús en Xerusalén, xusto antes de relatar a Paixón, o evanxelista céntrase nunha serie de parábolas e discursos que nos falan de que temos que estar preparados para o regreso do Señor. Porque Mateo escribe para unha comunidade cristiá, alá polo 80 d.C., que estaba a comprobar que a vinda do Reino de Deus non era tan inminente como pensaran. Mortos os primeiros apóstolos, Mateo, a través destas palabras de Xesús, orienta a quen se preguntaban como se podía intepretar isto do Reino de Deus.

Ponse en cuestión, a xeito de parábola, da que tanto gostaba Xesús, a imaxe que os seus seguidores (e nós mesmos) fan de Deus, do Reino e de quen se presentan coma seguidores de Cristo. Así, a través desta parábola, nos cuestiona se temos a imaxe dun Deus ríxido, serio, vingativo, ou vivimos a experiencia dun Deus “abbá”, naiciña/paiciño. Tamén nos invita a reflexionar sobre que entendemos polo Reino de Deus, e invitarnos a ver que é algo que xa temos aquí, mais que esixe de nós, e non tanto algo polo que agardar á fin dos tempos. E por último fainos pensar, a nós como aos membros da comunidade de Mateo, sobre a nosa imaxe coma cristiáns: que significa seguir a Xesús? Podemos vivir de rendas ou esixe o nosa entrega? De verdade cremos que hai alguén que non teña nada que ofrecer, que este camiño é só para elixidos? Cos talentos, esa medida de peso que co tempo se convertiu nunha moeda, non podemos máis que pensar se a nosa relación con Deus responde a un enfoque mercantilista, de mercado, ou a un enfoque de todo aquilo que se nos deu pola Graza nós debemos ofrecelo pola graza.

O ECO. Olga Álvarez

Cando nace un gato só se espera que saiba miañar, que ande a catro patas, que mova o rabo…que se porte coma un gato, en definitiva. Cando nace un bebé esperamos que medre, que estude, que traballe, que forme unha familia, que… cando o máis importante é chegar a ser unha persoa, nin máis nin menos. E como persoas temos potencialidades e talentos a desenvolver. Non sabemos se o bebé chegará a ser artista, músico, inventor, santo ou simplemente o noso veciño. Non o sabemos. O importante non é o que chegue a ser, senón que sexa o que poida. Tampouco é cousa de ser o mellor en todo o que se fai, que ninguén o é, senón ser feliz e repartir un pouco de felicidade ao noso redor.

Xa sei que a maioría de nós non pasaremos á historia polos nosos méritos, nin falta que fai, pero gustaríame pensar que todo vai un pouco mellor porque estamos aí e achegamos o noso gran de area. Entón, cos talentos que cada un teña, que faga o quefaga o que poida, non creo que Deus nos pida nada máis (nin nada menos).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s