Fachineiro


O fachineiro dos medios: A cámara do eco

Os ingleses teñen unha expresión, a cámara do eco, para definiren o feito de que nos gusta ler aquelas opinións ou medios que están de acordo co que pensamos e evitamos os que nos contradín. Ler certos medios resulta desacougante e evitalos é case unha necesidade, un acto de hixiene mental. Coa crise catalá, a mancha do pensamento único e a censura estendeuse de tal xeito que casemente non se pode ler nada sen que sangren os ollos. Un exemplo: o diario 20 minutos, despediu o seu ilustrador Eneko por viñetas coma a que acompaña este texto. A (des)información sesgada chegou ata tal punto que roza o infantilismo, á parte de tratar os lectores e lectoras coma babecos. Non vía o emprego do adxectivo separatista ou secesionista desde que consultara hemerotecas sobre a Guerra Civil. En canto alguén expresa unha opinión que pretenda achegarse aos argumentos que hai detrás da cuestión catalá non ten sitio nas cabeceiras -nin nas cabezas- das rotativas patrióticas. O xiro reaccionario de televisións, radios e prensa deixa poucas físgoas para outros modos de ver o mundo. E case todas hai que buscalas na internet, con cadros de persoal magros e sen dependencia de grandes anunciantes. O fachineiro, que le catalán na intimidade, recomenda o diario ara.cat para saber que se coce por alí sen o rudo encono da prensa estatal.

A.Q.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s