Política


Política.jpg

Todo foi un así coma quen

A Dui ou a Republica de Cataluña nunca foron proclamadas. Non o foron cando Puigdemon levou ao Parlament o resultado do referendo e suspendeu a súa aplicación. Tampouco se declarou a independencia cando o Parlament aprobou unha proposta de resolución que unicamente instaba ao president da Generalitat a proclamar a Republica de Cataluña, cousa que este nunca fixo. Nunca se proclamou ou configurou institución republicana ningunha; nin sequera a presidencia da República, que sería un paso inmediato, natural, se o president da Generalitat cumprise o mandato do Parlament. Por iso Puigdemón non interviu na sesión do Parlament que o instaba a proclamar a independencia e a república. Por iso ninguén arriou a bandeira española do pazo da Generalitat. Por iso Puigdemon nunca saíu ao balcón para proclamar coram populo a independencia, como presidente da nova república. Por iso nin o president nin os consellers foron, ao día seguinte, aos despachos, asumindo así, de facto, a intervención estatal da Generalitat e abandonando tranquilamente, incluso o exercicio do poder autonómico. Só houbo unha morna celebración festiva, unha representación dun paso máis no procés que nunca se culminou. Todo foi un así coma quen. Por iso o desconcerto, a división e o silencio frustrado dos secesionistas. Probablemente asistiremos á utilización destes argumentos cando o president da Generalitat e os seus consellers teñan que se defender ante os tribunais da desaforada acusación de rebelión por parte do fiscal xeral, por certo, máis do Goberno ca do Estado.

Este así coma quen, esta ficción foi inmediata e conscientemente “comprada” e asumida polo goberno do PP e os seus apoios (Ciudadanos e PSOE) para avalar e xustificar a aplicación do artigo 155 da Constitución que, por non estar desenvolvido, é unha carta branca ou patente de corso para o intervencionismo estatal. Esta aplicación fíxose con puño de ferro en guante de seda: intervención radical da autonomía catalá, pero convocatoria inmediata de eleccións autonómicas. Esta operación, se ten éxito, derrotará e humillará o independentismo catalán, ameazará e embridará aspiracións nacionalistas periféricas, estimulará o nacionalismo español e manterá a ficción da eficacia do Titulo VIII da Constitución, pero tamén rescatará o bipartidismo do seu esmorecer e aprazará sine die unha reforma seria e pertinente da Constitución do 78, por moi necesaria que sexa . Seguimos, pois, no así coma quen.

Carlos Vázquez G.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Política coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s