O fachineiro do lume: Suicidios


1155074403_740215_0000000000_noticia_normalMovido por un afán de innovación este fachineiro quere comezar coas palabras do noso amado líder. Dixo Alberto: “É evidente que houbo unha relaxación dos mecanismos de vixilancia da Xunta. A contratación de traballadores das brigadas foi moi lenta. Non quero converter isto en materia de loita partidista pero quero que se reúna a Comisión Permanente do Parlamento. Queremos que se nos informe. Con nós non morría xente nos incendios”. E para rematar, a miña declaración favorita. Vai sen traducir para que non se perdan matices: “20 conductores de motobomba se han quedado en casa por no poder acreditar su conocimiento del gallego”. Como xa deduciron os sagaces seguidores, son declaracións de 2006, cando a culpa dos incendios eran do bipartito e de Zapatero, cando Feijoo se esforzaba en apagar unha brasa cunha goma de xardín prostática e calcetíns e mais camisa brancos. Despois soubéronse detalles sen importancia, coma o boicot dos alcaldes do PP á contratación de brigadas ordenadas polo partido e outras axudas polo estilo. Agora, a cousa é outra: o argumentario di que a culpa é dos terroristas e dos portugueses, que teñen esa manía de non apagar. En fin, un síntoma máis da nosa tendencia suicida, coma a demográfica a lingüística ou a patrimonial.

A.Q

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s