A Peneira


Noticia 2.jpgNoticia 1.jpg

Os Evanxélicos en Galicia celebran os 500 anos da REFORMA coa Exposición “Despois das tebras, a luz”, o 6 en Vigo e o 13 en Lugo, que principiou en Marín onde a Igrexa Evanxélica medra dende hai 140 anos. É unha mostra de Biblias que celebran a súa tradución a todas as linguas, raíz desta fe nos pobos.

A veciñanza de Touro e O Pino está a mobilizarse contra a reapertura da MINA de cobre no seu territorio, defendendo o seu patrimonio e o seu futuro ante o risco de atentar contra os dereitos das e dos labregos.

 

Ducias de colectivos veñen de organizarse integrando a REDE DO PATRIMONIO Cultural, unindo esforzos, e convocando, o 16, o Día Mundial do Patrimonio con iniciativas locais en todo o país para dar a coñecelo e denunciar as agresións que sofre.

O 11, a nosa cultura honra a PACO SOUTO, que nos deixou en marzo cando traballaba no seu labor de percebeiro. No Colón da Coruña vai lembrarse a súa creación en todas as artes e o seu compromiso polo pobo coma activista cultural de base, sobre todo na Costa da Morte e Bergantiños.

Cumpridos tres anos do Califato do EI, e coa caída de Raqa en Siria, despois de 5 meses de cerco, perderon terreo, pero gañan adeptos a través do califato virtual e do adestramento ideolóxico de moitos combatentes estranxeiros que cruzan o mundo.

 

O 16 a folga no ENSINO reivindica unha lei galega de educación coma alternativa á Lomce que asfixia o noso. Urxe valorar o que converte Galiza nunha nación: paisaxe, organización do territorio, fala, cultura labrega… O que en Madrid chaman adoutrinamento, e a mocidade que loitou contra o lume ama con paixón.

Repensar a REVOLUCIÓN 1917-2017 é o convite da Asociación Alexandre Bóveda da Coruña. Fano baixo a guía de Carme Adán, “Revolución e utopías”, o 3; Claudio López Garrido, “Retrato do colonizado”, o 9 e Xurxo Álvarez “A Revolución rusa e a revolución en occidente segundo A. Gramsci”, o 23.

O filme “NOVE de NOVEMBRO” de Lázaro Louzao de Xove, apoiado polo colectivo LGBT (LesbianasGais, Bisexuais e Transexuais) rodada no tempo da reconversión industrial na Coruña, fai lembrarnos a mesma data do 1989: a caída do Muro de Berlín, introducíndonos nos desencontros e muros que separan a Miguel e Roberto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s