Rumores


Rumores (2)Coñeces a Johan Sebastian Mastropiero? Confío en que si. Darlles un premio a Les Luthiers foi un detalle estupendo para o humor. Aínda que os premios sempre son polémicos, por aqueles que se premian e aqueles que se esquecen, sen dúbida no caso deses músicos tolos chegados de Arxentina é ben merecido. Lembro unha das súas primeiras actuacións en Santiago de Compostela como unha experiencia única. Saín do Auditorio de Galicia con maniotas de tanto rir.

É que a de humorista é unha profesión imprescindible. Non podemos pasar sen o sentido do humor e sen aqueles profesionais que nos fagan chorar coa risa. Que sería desta revista sen o Carrabouxo? Non son xeniais as tiras de Dávila?

Paga a pena o recoñecemento aos humoristas. Deberiamos telos máis presentes. Se cadra, só valoramos como algo que paga a pena a tristura e o drama. Parece que o humor é algo rexeitable e rir non é serio. Pero deberiamos ser máis positivos e facer da risa unha maneira moi humana de achegarnos ao mundo que nos rodea. Cinco gargalladas ao día como receita. Neste mundo, precisámolo.

Xan Guilllén

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s