Ler para camiñar: Svetlana Alexiévich, a catarse da esperanza


Ler para camiñar

Esta novela non é unha novela. Éche un nome envelenado de radioactividade para sempre. Voces de Chernóbil: un crebacabezas de voces para tentar comprender que pasou na central nuclear, onde átomos e verdade foron tapados por un inmenso sarcófago de formigón e mentiras. Retrato moi crítico da URSS e a herdanza que deixou en cidadáns entregados á patria utópica, desesperanzada hoxe ante conversión de dirixentes e plutócratas do capitalismo máis desapiadado.

O compromiso de Svetlana Alexiévich, Nobel 2015, cos derrotados, aparece noutros libros como La guerra no tiene rostro de mujer. Ou a visión falsa da muller na retagarda: a vida sen homes, fillos, bágoas de despedidas e reencontros, mortes e perdas, a reconstrución penosa das mulleres que quedan atrás soportando os golpes. Non foi así. As mulleres combateron contra a besta do nazismo: oficiais e muleiras, francotiradoras e enfermeiras, radiotelegrafistas e tanquistas. Morrer e matar. Non hai épica nas violacións, a fame, as ratas, o tiro na nuca, o asasinato de nenos. En todo iso a escritora bielorrusa vai poñendo gotas de amor, compaixón, tenrura: non todo está perdido.

Duros de ler e dixerir, hai que espaciar os libros desta muller. Porque despois chegan Los muchachos de zinc, outro calidoscopio desgarrador sobre a guerra de Afganistán. Máis de medio millón de homes e mulleres conducidos ao inferno pola xerontocracia de Moscova. Dez anos de mentiras e mortos. ‘Vin desde o aire centos de ataúdes de zinc brillantes baixo o sol, algo bonito e terrorífico’. Ataúdes invisibles enterrados en secreto nos cemiterios. Derrota e humillación final contada polas voces de 70 superviventes e as nais. Resulta curioso que a vitoria dos muxahidín foi grazas á axuda de Occidente e países árabes ricos. Alumearon a ameaza actual que paraliza co medo o mundo enteiro.

O último libro é sobre os nenos na II Guerra Mundial. A gran patria soviética espida e aterradora na voces superviventes dos case trece millóns de nenos mortos entre 1941-1945. Últimos testigos mostra as voces, a dimensión humana daquelas nenas hoxe mulleres, nenos agora homes.

Seres pequenos diante dos grandes acontecimentos da historia que só a morte, a dor e a traxedia fai grandes. Eles protagonizan os libros da escritora, desta xornalista pouco coñecida pero empeñada en que ninguén lles roube a voz, é dicir, a esperanza.

Bocata: Os seus libros están protagonizados por seres pequenos diante dos grandes acontecimentos da historia

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Ler para camiñar, Uncategorized coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s