O peto común


Ilustración Peto.png

Se lle falas a unha persoa nunha lingua que entende, a mensaxe chégalle á cabeza, pero se lle falas na súa propia lingua, a mensaxe chégalle ao corazón. Creo que a frase pertence a Nelson Mandela. Unha das primeiras cousas que fan os misioneiros é aprender a lingua do país ou comarca onde van traballar. Recordo con agarimo a Pilar, unha relixiosa de noventa e tantos que falaba quechua logo de pasar moitos anos entre os indios de Bolivia.

Celebramos a campaña do DOMUND. Pois veredes que traio boas novas: o material da campaña do Domund carteis, folletos, revistas chegaba sempre desde Madrid e en castelán. Non acontecía o mesmo en Cataluña ou en Euskadi. Desde hai 2 anos, mudou a cousa.

David Álvarez é un mozo que é párroco de Sobrado dos Monxes e foi nomeado delegado de Misións na diocese de Santiago. É un tipo moi activo e comprometido que, con outra xente, anda a inzar garderías nos barrios máis miserentos de Lima, no Perú. Con David transformouse a delegación e colleu aires novos. Así, no libriño que se publica de cada campaña xa non aparecen ARTEIJO, MUJÍA, CEREIJO… como ata hai pouco. Xa está a toponimia toda en galego, pero tamén os carteis, folletos… Este ano conseguiu que O DOMUND presente a campaña desde Santiago.

No pazo de Fonseca inaugurouse unha exposición: O Domund ao descuberto, onde todos os paneis estaban en galego e onde se presentaba o labor dos misioneiros galegos.

O día 11, na Catedral de Santiago celebrouse o acto inaugural da campaña para todo o Estado. A cantante galega Luz Casal foi a encargada de pronunciar o pregón dicindo cousas ben bonitas. Coma se fose un canto con varias estrofas e un retrouso que dicía: “A beleza que provocan os pequenos xestos humanitarios rexenera o mundo, e o amor salva”.

SÉ VALENTE, A MISIÓN AGARDA POR TI é o lema do DOMUND para este ano, e así, na lingua que chega ao corazón, verémolo nas igrexas de todas as dioceses galegas.

Parabéns a David e a todos os delegados de misións e oxalá os sigan outras instancias.

Rubén Aramburu

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s