Boa nova: DOMINGO 8 de outubro. XXVII do Tempo Ordinario


fotoboanova.JPG

A PALABRA. Mt 21, 33-43

Naquel tempo, díxolles Xesús aos seus discípulos: «Escoitade outra parábola: Dunha vez había un propietario que plantou unha viña; rodeouna dunha sebe, cavou nela un lagar e construíu un caseto para o garda. Logo, arrendóullela a uns viñateiros e marchou para lonxe. Cando chegou o tempo da vendima, mandou os seus criados aos viñateiros, para cobrar as rendas. Mais os viñateiros agardáronos, e a un zorregáronlle, a outro matárono e a outro apedrárono. De novo mandou outros criados, máis numerosos; mais tratáronos do mesmo xeito. Por último, mandoulles o seu propio fillo, dicindo para si: “O meu fillo hano respectar”. Mais os viñateiros, ao veren o fillo, comentaron: “Este é o herdeiro: veña, matémolo, e a herdanza será nosa”. E agarrárono, botárono fóra da viña, e matárono. Ben, e cando veña o señor da viña, que fará cos viñateiros aqueles?» Respondéronlle: «A eses malvados faraos morrer de mala morte, e arrendaralles a viña a outros viñateiros, que lle paguen as rendas no seu tempo.» Díxolles entón Xesús: «Seica non lestes nunca na Escritura: A pedra que desbotaron os canteiros é agora o esquinal: esa pedra colocouna o Señor, que regalía para nós!

Por iso dígovos: quitarásevos a vós o Reino de Deus, e daráselle a un pobo que produza bos froitos.»

A CLAVE. Carme Soto. Daráselle o Reino de Deus a un pobo que dea froitos…

Hoxe temos como evanxeo unha parábola densa en contidos e quizais un pouco difícil para a nosa mentalidade contemporánea. Mateo indica que Xesús entrara no templo e estaba a ensinar cando os sacerdotes e os senadores acercáronselle para cuestionarlle publicamente a súa autoridade de mestre e profeta (Mt 21, 23-27). O mestre como resposta conta diversas parábolas, unha delas e a que vamos comentar.

Xesús pídelle os seus interlocutores que imaxinen unha historia co uns personaxes moi frecuentes naquela época: un propietario que vivan na cidade e que de en vez cando viña a cobrar as rendas os seus arrendatarios. O conto tiña moito de provocación pois despois de escoitalo os fariseos e sacerdotes estaban decidiosa prendelo (Mt 21, 45).

A provocación, no relato mateano, no vén tanto polo conflito social que hai de fondo senón porque os seus adversarios entenden que o que mestre está a dicir vai por eles e lles esta a cuestionar a súa autoridades relixiosa. Eles son os viñadores homicidas que representan a todos aqueles xefes que o longo da historia de Israel mataron os profetas e a xente de ben que falaba en nome de Deus (o propietario) e que agora pretenden tamén apropiarse da palabra salvadora de Deus, que Xesús encarna porque na súa soberbia creen que son os únicos que poden dirixir a fe do pobo.

Mateo fala para unha comunidade que vivía un forte conflito cos seus veciños xudeus pola súa fe en Xesús como palabra definitiva de Deus, e sentiríanse identificados coa situación presentada no relato. Quizais poida tamén haber algo para nós nela…

O ECO. Christina. Defender o froito ou regalalo

Eu crieime nunha cidade, onde coller froita significaba ir ao frigorífico ou á bandexa de sobre da mesa. Mais vive en min como propia algunha experiencia contada polo meu pai, neno de aldea -sempre o será- de cando el e outros íanlle roubar as peras á tía… pode ser Farruca, María, non lembro ben o nome e non quero levantar infamias. Lembro a tensión mentres non os pillaban, as présas a comer as mellores e encher os petos mentres non aparecía a dona con xeito pouco acolledor, por dicir algo fino. Lembro as que pasaba por matar a fame así, collendo o que a natureza dá.

Lembro que xunto co conto transmitiume, pode que sen sabelo, o gusto pola xustiza: o que hai é para comer, o que da Deus dáo para todos, toda persoa e todo neno e nena ten dereito a comer e a que non se lle castigue… por comer. Que o que é bo é para partillar e nutrir a toda a humanidade. Que ninguén pase fame habendo gloria bendita nas árbores, como acontece nesta bendita terra.

Hoxe asáltame esta imaxe duns musulmáns orando con fermosura na rúa ante os insultos de quen os mira (vídeo). Que nos pasa cos froitos alleos? Que pasa nos nosos ollos que non podemos mirar con ben, agradecer o ben nx outrx, deleitarnos sen mais e gozar. Porque non traemos os nosos e partillamos?

Coas mesmas mans abertas que recibo quero ofrecer, quero coller o agasallo dx outrx e saborealo intensamente, nutrirme. Iso é, non pechar as mans endexamais, que nada se perda do que pasa ao meu carón e do que poida saír das miñas raíces… por favor que non o esqueza, irmá, irmán que les, recórdame se me quedo con algo dentro que a ti ou a outras compre. Sacúdeme, Deus da fartura que sobra.

https://www.youtube.com/watch?v=4ZojWRngW0A&feature=youtu.be.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en boa nova coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s