Utopía. Os berros da XL Romaxe


Berro xeral.jpg

Primeiro berro

Sobre o empobrecemento, a escravitude, o paro, a precariedade… medra o capitalismo. Pero moitas persoas e colectivos aluman a esperanza doutras vidas que paguen a ledicia de seren vividas. Para sustentarmos as vidas desde o traballo (non o emprego), desde as relacións humanas, desde o apoio mutuo, erguemos este berro seco!

Moitas persoas e colectivos aluman a esperanza

Berro 1.jpg

Segundo berro

Subo hoxe aquí en nome da Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas para compartir convosco o berro dos 65 millóns de persoas que, nestes momentos, se ven obrigadas a abandonar os seus fogares en diferentes lugares do planeta.

O goberno español comprometeuse en setembro de 2016 a acoller en dous anos 17 337 persoas. Quedan 17 días para que remate o prazo e FALTAN POR ACOLLER 15 357. É inadmisible a incompetencia do noso goberno para cumprir con este ridículo acordo!

O Mediterráneo, mar de encontro de pobos, converteuse no maior cemiterio do planeta. Asistimos a unha situación sen precedentes ante a que é preciso tomar medidas urxentes e inmediatas. O que se está a facer debería ser motivo de vergoña pero, lonxe diso, aínda queren darlle á Unión Europea o Premio Princesa de Asturias da Concordia. Non o permitamos!

Xunto con estas actitudes vergoñentas, tamén recoñecemos outras moitas valentes e comprometidas de persoas e institucións que están a deixar a súa pel para que os dereitos humanos se respecten e que estas persoas sexan acollidas.

Vaia para eles o noso berro de apoio e, sobre todo, de denuncia ben alta para que NON quede no esquecemento que hai millóns de persoas ás portas da nosa Europa pedíndonos axuda.

Basta xa de escusas. Non máis barreiras. Acollida de persoas refuxiadas XA!

Hai millóns de persoas ás portas da nosa Europa pedíndonos axuda.

Berro 2.jpg

Terceiro berro

Clama esta nosa Nai Terra… furada nas súas entrañas e na súa capa protectora. Devastada, espremida, ameazada por unha catástrofe climática, pola nosa adición a un modelo empobrecedor de multitudes.

Esta Terra precisa corpos…! E corazóns, mans e cabezas. Precisa persoas conscientes da dimensión sagrada da natureza, amantes da creación e cun estilo de vida comprometido coa ecoloxía integral.

Toquemos a terra e berremos conscientes da ligazón que todas as criaturas compartimos coa nosa Terra Nai.

Esta Terra precisa corpos

Berro 3.jpg

Cuarto berro

Este ano a Romaxe non ten 3, senón 4 berros. Hoxe ás 7 da tarde hai convocadas nas principais cidades galegas concentracións cun único berro: un maltratador non é un bo pai!

Na violencia de xénero, no terrorismo doméstico, hai unhas víctimas caladas: os nenos e nenas, persoas que se están formando, madurando, e que moitas veces son usados como arma arroxadiza, como campo de batalla. 

Un fillo ou unha filla que viviron o maltrato non poden vivir con medo, baixo o mesmo teito ca quen maltrata.

As mulleres cristiás galegas reivindicamos os coidados, o amor, a tenrura, necesarios coma o pan, alimento da alma que nos fai medrar fortes. Queremos un futuro en liberdade, guiado pola tenrura, no que todas as persoas, grandes e pequenas, se desenvolvan sen medo. Só así outro mundo será posible. Un maltratador non é un bo pai!

Un maltratador non é un bo pai!

Berro 4.jpg

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Utopía coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s