Editorial


Diversas e significativas entidades cristiás catalás expresaron días antes do 1 de outubro o seu apoio ás institucións de Cataluña, no momento en que a tensión subía. Grup Sant Jordi de Drets Humans, Justícia i Pau, Vedruna Catalunya, Fundació Claret, Escola Pia de Catalunya… Ata unha ducia de recoñecidas entidades facíanse eco da preocupación das súas comunidades, rexeitaban a liña de actuación do Estado español e animaban a unirse á mobilización cívica, pacífica e democrática.

Recordaban a posición expresada na Doutrina Social da Igrexa e dos bispos cataláns, afirmando reiteradamente a conveniencia de que “sexan escoitadas as lexítimas aspiracións do pobo catalán, para que sexa estimada e valorada a súa singularidade nacional” así como a súa defensa da “lexitimidade moral de todas as opcións políticas que se baseen no respecto e na dignidade inalienable das persoas e dos pobos”.

Escribindo isto antes do 1 de outubro e sen dotes divinatorias, hai un feito incontestable: a xestión da crise levou a un nivel de mobilización cívica imposible de obviar. “Con independencia da independencia” nada será igual despois desa data. O “non” como resposta total, cerrada e innegociable será insostible. Hai que regular o dereito a decidir.

Á parte da reiterada necesidade de negociar unha saída, quizais un novo pacto, e de facelo con outras persoas, con líderes dispostos a avanzar e matizar, cómpre lembrar que facer as cousas como se fixeron conleva unha consecuencia fatal e moi acorde cos tempos mediáticos: furtouse o verdadeiro debate, o dos escenarios posibles, o dos detalles, o de que lle pasaría a cada parte en cada posible novo escenario. As “esencias” e as “emocións” son importantes, pero malas para o discernimento e a razón. Como non se definiron claramente os novos posibles escenarios ninguén sabe exactamente que pasaría coa débeda pública, coa pertenza a Europa… Coas pensións, co comercio, coa moeda, cos postos de traballo… Coa investigación, cos inmigrantes españois, cos cataláns en Sevilla, coas súas empresas, cos servizos públicos e cos funcionarios, co Barça e co Español.

O catexit é tan complicado, ou máis, ca o brexit. Pero como non hai debate aberto de escenarios e detalles, con argumentos e números, todo é un drama emocional. En realidade, ninguén sabe nada. Hai que reconducir isto. Ten que poder facerse.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s