Editorial: A inacción máis letal


Portada.jpg

O presidente do goberno español ten unha acreditada e recoñecida capacidade para xogar cos tempos. Ese xogo, no seu caso, consiste en non mover ficha nin botar carta diante dun problema, por grave que sexa, á espera de que o problema se aburra, se erga da mesa de xogo e abandone o escenario. E, así, problema resolto.

E, por veces, resulta. Efectivamente, estamos no tempo diso que chaman a posverdade. O que importa non é a realidade obxectiva dos feitos, senón o que se conta deles, o que se traslada aos medios, o “relato” que se constrúe. Se o “marrón” dos refuxiados xa non ocupa nin media liña das portadas, quere dicir, para os efectos que realmente importanlle ao gobernante que toque, que o problema está superado, eclipsado por Cataluña, o islamismo ihadista e o aluvión de contratos precarios que retocan as cifras do paro.

Pero no caso das persoas refuxiadas, moitas delas menores, non valen posverdades nin partidas de póker aburridas. Como se recordou na Romaxe de Beade, o goberno español comprometeuse en setembro de 2016 a acoller en dous anos a 17 337 persoas. Cando leas isto ese prazo está cumprido. E restan por acoller 15 357. O compromiso xa era cativo, mesmo vergoñento. Iso fai o incumprimento aínda máis grave. E indigna ver como se mobilizaron os gabinetes de prensa oficiais para dar publicidade a casos puntuais de acollida.

Como denuncian as organizacións humanitarias, numerosas personalidades que son referente ético, e con especial insistencia o papa Francisco, o Mediterráneo é una gran cemiterio. Ese era un desafío moral para Europa e Europa, agás contadas excepcións, non soubo estar á altura. Esa é a razón do movemento de protesta, con gran carga simbólica, contra a recente nominación da Unión Europea para o premio Premio Princesa de Asturias da Concordia. Non pode haber concordia sen “humanidade en acción” coas ringleiras de persoas inocentes que foxen de conflitos que nin entenden nin merecen, só padecen.

Autor: Editorial

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s