O fachineiro do referendo: Vaia papeleta!


papeletaNon sei se a querida lectora e o querido lector viron a papeleta do referendo de Cataluña. Paga a pena, porque nesas breves liñas é doado adiviñar a sensibilidade que alí existe cara o asunto lingüístico e tamén é imposible non establecer comparación coa ausencia desa mesma sensibilidade que temos por aquí.

Á parte do catalán e o castelán, a papeleta contén unha terceira lingua: o aranés.  E de quen vén sendo? Pois é unha lingua románica, coma a nosa, que do outro lado dos Pireneos se chama occitano. Pero en territorio francés néganlle a oficialidade que si lle recoñece o pobo catalán no seu Estatut (e ademais de oficial é de uso preferente no Val de Arán). Así van poder optar entre oc e non. O oc é o xeito de dicir si desta lingua do sur de Francia, a langue d’oc, fronte á do norte a langue d’oil, de onde procede o oui francés actual.

E mentres en Cataluña se comportan con esa estima polo propio aquí Feijoo entrevista en castelán na TVG ao centenario Albor, que presume de “la televisión gallega”. E a Conselleira Mato participa nunha xura de bandeira (española) porque “es un honor defender la unidad de España”. En verdade vos digo que, se o día 2  conseguen a independencia, este fachineiro solicita a nacionalidade catalá.

A.Q.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s