Rumores de esperanza: Romaxe número corenta.


Rumores de esperanza.JPGPois xa rematamos a Romaxe número corenta. Moitos anos e moitas experiencias. Unha chea de sensacións e persoas. Oracións da tardiña, cantos, rumboias. Toda unha serie de vivencias nas cales as persoas son fundamentais. Quedo coa rifa. Non por que me tocase, que non foi así, senón polo que supuxo.

Un grupiño xeitoso de rapaces e rapazas foron por toda a Romaxe ofrecendo rifas e vendendo. Unhas  1200 foron vendidas. Non está mal. O sorteo tamén foi divertido cos pícaros facendo das súas e, por último, como non podería ser doutro xeito, quedo coa aportación da Casa Romualdo. Ben que sinto que non me tocase esa fin de semana na súa casa. Ten unha pinta magnífica.

E, por suposto, quedo co bo momento que nos fixo pasar Fran do Romualdo coa súa zanfona. Dá gusto escoitalo coas súas historias de cego que, aínda que soan de hai moitos anos, son ben novas. Están cheas de frescura e diversión. Eu, persoalmente, quedo coa dos dez mandamentos do amor. Pero cada quen ten as súas, e todas as que o sábado cantou o Romualdo son xeniais. Así que moito ánimo, xa queda menos para a XLI Romaxe en Sobrado dos Monxes.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s