DOMINGO 10 de setembro. XXIII do Tempo Ordinario


fotoboanova.jpg

A PALABRA. Mt 18, 15-20

Naquel tempo, díxolles Xesús aos seus discípulos: «Se teu irmán peca, vai e repréndeo; mais ti só con el. Se te escoita, conquistaches o teu irmán. Se non te escoita, leva contigo un ou dous, para que por medio de dúas ou tres testemuñas quede resolto o asunto. Se non vos fai caso, dillo á comunidade; e se tampouco lle fai caso á comunidade, sexa para ti como un pagán ou un recadador de impostos. Asegúrovos que o que atedes na terra será atado no ceo, e o que desatedes na terra será desatado no ceo. Dígovos aínda máis: Se dous de vós se poñen de acordo na terra para pedir calquera cousa, conseguirano do Pai meu, que está nos ceos. Porque onde están dous ou tres reunidos no meu nome, alí no medio de eles estou eu.»

A CLAVE. J. A. Martínez

Texto curioso o que se nos presenta. Para comezar pola propia tradución do evanxeo: existe a versión “Se teu irmán peca, vai…”, que a Conferencia Episcopal propón e que corresponde as versións en grego máis antigas, fronte á tradución da Vulgata que segue a Biblia en galego da SEPT coma outra moitas, e que engade “contra ti”. É un pequeno detalle, mais as interpretacións do texto mudan considerablemente.

Este fragmento que tivo e que ten moita importancia na xustificación da organización da Igrexa e na eclesioloxía ao longo da historia, presenta moitas dúbidas razonables de que fosen palabras do propio Xesús. Mais ben, parecen unha interpretación feita polas primeiras comunidades cristiás, ás que se dirixía Mateo.

Como pór en práctica o perdón incondicional que propuña Xesús (esas sete veces sete) na vida das primeiras comunidades?

Xesús falou do perdón con absoluta claridade. Como ser fieis ao Reino? E así estas comunidades presentan unhas “normas” (en palabras de Pagola) adaptadas para seren aplicadas na súa propia realidade, de pequenos grupos, case familiares (no texto aparece por primeira vez referirse ao membro da comunidade coma “irmán”). Establécense uns pasos para actuar no caso de que alguén se afaste da comunidade. Búscase facilitar a reincorporación a aquel que peca. Faise un camiño de acompañamento de aquel que se afasta da Igrexa, sen forzalo. No fondo, non se pode impor a ninguén a pertenza se o que quere é autoexcluírse. Este camiño, que posteriormente se denominou corrección fraterna, é moi exixente: parte da humildade de todas as partes e de evitaren xuízos.

A aplicación histórica deste texto por parte da Igrexa responde a outras circunstancias e intereses. En ningún caso parece que se fale dunha función dirixida ás autoridades e moito menos de excomuñóns, Tribunais do Santo Oficio ou Congregacións para a Doutrina da Fe.

O ECO. Papa Francisco.

Cóidense con amor os uns aos outros, en particular aos máis débiles […] é un camiño exixente, ao longo do cal un irmán ou unha irmá poden atopar dificultades imprevistas. Nestes casos exercitar a paciencia e a misericordia por parte da comunidade é un sinal de madurez na fe. Non se debe forzar a liberdade de cada un, e hai que respectar tamén a eventual elección de quen decidir buscar, fóra do Camiño, outras formas de vida cristiá que o axuden a medrar na súa resposta á chamada do Señor.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en boa nova, Uncategorized coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s