Economía. Escolas infantís: a conciliación e a integración


fotoeconomia.jpg

Recurrentemente escoito queixas de moitas persoas que se senten indefensas debido a que, malia non ter grandes ingresos, os seus fillos non teñen acceso ás escolas infantís públicas. Todas as prazas as ocupan xitanos e inmigrantes, porque son os que, debido a súa situación economica ou familiar, maiores puntuacións acadan nos procesos de selección.

Non sei se este sentimento é real ou amplificado, porque desgraciadamente carecemos de datos sobre a procedencia étnica, racial ou xeográfica dos nenos que ocupan praza. Pode parecer algo agresivo que se publiquen os perfiles das razas e procedencias xeográficas dos nenos que ocupan as escolas infantís, antes chamadas garderías. Pero esa información podería darse en porcentaxes e de forma totalmente anónima, para comprobar se esa sensación é real ou non. Tamén é certo que podería despertar racismo entre as persoas que se senten prexudicadas ante a falta de prazas.

Pero ao mesmo tempo desvelaría unha realidade que parece existir, as listas de non admitidos con concidicións económicas regulares unida a unha posible guetización das escolas. Algo que tamén lles pode pasar aos colexios de primaria. Que pasa se estamos creando ámbitos públicos nos que agrupamos a maioría de nenos de razas ou procedencias concretas? Tendo claro que a diversidade é un valor escolar necesario, a excesiva diversidade pode tumbar un proxecto educativo, ou mesmo alonxar del a moitos posibles usuarios que non queren que os seus fillos estean rodeados de nenos tan diferentes.

Como afrontar os xermolos de racismo que se poden crear nas institucións públicas se non evitamos esa racificación, concentrar as razas en certos espazos públicos, barrios periféricos, escolas infantís públicas, etc.

A resposta tradicional soe vir apelando a falta de prazas públicas, medio lamento que non acaba de cuallar non se sabe moi ben o porqué. Neste caso podemos acudir a economía para que nos bote unha man de forma que evitemos eses procesos danosos que separan aos nosos fillos por rendas, por razas e por nacionalidades. Obriguemos aos nosos representantes a establecer as rendas mínimas para as cales é obrigatorio que unha familia poida ter dereito a unha praza nunha escola infantil e que concreten as condicións económicas nas que o faría. Que nos diga canto nos costa. E comparémolo con outros gastos non tan demandados.

Unha vez definido ese límite, todos as familias que teñan eses ingresos, automaticamente terán dereito a unha praza pública nas condicións económicas que decidan os nosos representantes políticos municipais. No caso de que a demanda de prazas sexa maior que as ofertadas nas escolas infantís públicas, o concello verase obrigado a contratar esas prazas noutras escolas infantís nas condicións económicas que negocie con elas, pero sen repercutir nunca ese custo nas familias usurais. Elas pagarán o que decidamos entre todos a través dos nosos representantes. Será máis caro? Sen dúbida. Pero será unha das formas sociais e económicas máis produtivas de usar os cartos públicos dunha cidade, integrando aos nosos fillos, a todos os nosos fillos. O reparto dos nenos entre as distintas escolas debreá responder a razóns que eviten a racificación dos nosos fillos e das nosas cidades. Probamos? Algún pensará que privatizo o ensino infantil. Outro día falaremos diso.

Pedro Pedrouzo Devesa

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Economía coas etiquetas , , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s