O trasno: Babel nas Ramblas, videoxogo


Na película Babel (González Iñárritu, 2006) desencadéase unha traxedia por unha serie de pequenas causas enlazadas, pequenas malas accións de persoas diversas acontecidas neste mundo tan globalizado como incomunicado. Son irresponsabilidades individuais en tres continentes que, lonxe de quedaren sen efecto ou con efectos limitados á propia contorna, á propia “aldea”, causan dolor infinito a 5.000 quilómetros, niso que chaman a aldea global. Non vola conto. Se non a vistes é do máis recomendable.

Co da animalada das Ramblas revivín a espléndida reflexión visual de Babel. Lembrades cantas veces temos comentado, por exemplo, o asunto da maldade de determinados videoxogos cos que andan todo o día a pastar nenos e adolescentes? Literalmente, a pastar. Sen outra referencia educativa. Sen outro espazo e tempo compartido no que se cultive a compaixón, a humanidade, a fraternidade.

Un deses videoxogos ao que lle tiñamos declarada a guerra cando os rapaces andaban neses idades seica consistía en montarse nun deportivo ou nun camión –supoño que se podería “tunear” a arma do crime- e lanzarse polas rúas a matar viandantes. Habíaos tamén especializados para vítimas selectivas. Con peóns discapacitados, por exemplo. E, xa postos, seguro que algún circularía no que o obxectivo sería racial: Negratas, moros.

Alguén os inventou, poñamos que en Tokio, e fixo cartos con eles. Certas irresponsabilidades parecen menores e inocentes pero pode que non o sexan.

Nunca hai unha única causa. Pero as razóns poden ser acumulativas e unha delas disparar o efecto bolboreta, ese que di que un movemento das ás dunha bolboreta nunha selva pode desencadear un colapso na bolsa. A interconexión das maldades de baixa intensidade, no noso caso.

Poñamos que os rapaces perpetradores do crime das Ramblas xogaron a eses xogos. Por idade, todo encaixa. Si, está a radicalización, a marxinalidade, o desarraigo, a fascinación, a necesidade dunha identidade, a persuasión jihadista. Pero para facer cousas así ten que haber un espírito traballado polo mal, por ese mal de baixa intensidade, a lume lento, desde hai tempo, acumulativamente, deshumanizadamente, como nun xogo maldito que se volve real.

Daniel López Muñoz

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s