XL Romaxe de Crentes Galegos. Información práctica.


xl romaxe medallón

LUGAR: Parque Forestal de Beade – Vigo.

DATA: Sábado 9 setembro 2017.

HORARIO:

11:00 Acollida

12:00 Celebración

14:00 Xantar

16:00 Festa

18:30 Oración de despedida

COMO CHEGAR O PARQUE FORESTAL DE BEADE – VIGO

Sito na Cidade Universitaria de Vigo

Coordenadas:  42.177451 ; -8.686439

ACCESO DENDE O NORTE DE GALICIA ENTRANDO POLA AP-9

1.- Despois de pasar a Ponte de Rande, ós 2 qm aproximadamente, a AP 9 vai cara a PORTUGAL – AEROPORTO – BAIONA etc.  (está posto nos indicadores). Son os dous carrís esquerdos, os da dereita van directamente a VIGO. TOMAR OS DA ESQUERDA continuando pola AP 9.

2.-Posteriormente divídese de novo, dous carrís á esquerda a PORTUGAL, e dous á dereita  SAIDA 161:  tomade esta saída que indica VG 20 , BAIONA AG 57, VIGO, BOUZAS, circular. Tomar a SAÍDA 11 que está no qm. 12 que  indica VG 20 , VIGO, T. BOUZAS, circular un par de qm. e tomar á dereita a SAÍDA 8 que indica UNIVERSIDADE , PARQUE TECNOLOXICO. Continuar ata chegar a unha rotonda na que tomaredes a esquerda para subir polo VIAL da UNIVERSIDADE (nome oficial Avda. Clara Campoamor).

3.- Dende aquí  xa poremos carteis. Circulamos por esta estrada 4,6 qm. e chegamos a unha rotonda na que tomamos a esquerda seguindo a indicación de SEVIZOS CENTRAIS – ÁMBITO TECNOLÓXICO . Despois de 1,2 qm. rotonda que temos que virar case por completo e tomar o ramal que indica  PARQUE FORESTAL DE BEADE .  Despois de 400 metros bifurcación E ATENCION:  OS COCHES TOMAN A DEREITA E OS AUTOBUSES A ESQUERDA.  É MOI IMPORTANTE CUMPRIR CON ESTA INDICACIÓN.

 

–ACCESO DENDE VIGO CIDADE

Os que veñan por estrada sen peaxe e partindo de BOUZAS cara o seu porto tomade o acceso ó Barrio de Navia  e o vial VG 20. Seguide os indicadores da VG 20 e despois de 8 qm. tomade a saída nº 8 que indica VIAL UNIVERSIDADE. Saídes a unha rotonda e tomades a dereita e continuades segundo as indicacións do punto 2 da rota anterior.  

 

–ACCESO DENDE OURENSE – PORRIÑO  pola A-55

Subindo dende Porriño cara VIGO e xusto cando a autoestrada deixa de ascender, indícanse varias saídas.  TOMAR A  SAÍDA 8A, que indica AG-57 BAIONA- VG 20. Aí xa estades na autoestrada que enlaza coas indicacións a partires do punto 1 da rota primeira, seguide esas explicacións.

Existen outras alternativas. Nós tratamos de dar a opción que consideramos mais sinxela.

 

OUTRAS INFOMRACIÓNS A TER EN CONTA.

No Parque Forestal de Beade existe un merendeiro  (OS DA RIANXEIRA) TEL. 625 449 383. Falamos co dono e van ofrecer dúas opcións:

  1. Ó aire libre van poñer barra e mesas longas e mediante o sistema de tiquets servirán bebida, pan e tapas de polbo, orella, tortilla e carne ó caldeiro. De tal maneira que o que queira pode mercar e logo consumilo nunha das moitas mesas de pedra que ten o Parque.
  2. Comer dentro do merendeiro. Ten arredor de 180 prazas. O servizo alí é o típico de comidas. O teléfono é por se alguén quere chamar e reservar.

Lembramos que este ano, para a oración da tardiña, non nos trasladaremos de lugar, senón que a faremos no mesmo parque aínda que nun posto distinto ao da mañá.

Dende o centro xuvenil Abertal e algún grupo do Cristo da Victoria vaise organizar unha acampada o día anterior. Pódese ter máis información contactando con Emilio Prieto no número 665168301.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Romaxe coas etiquetas , , , , , , , . Ligazón permanente.

One Response to XL Romaxe de Crentes Galegos. Información práctica.

  1. Grazas pola información.
    Ainda sería mellos se se indicase cal é a parada de bus urbán máis cercana, que liñas de bus pasan por alí e que bus coller para chegar á romaxe dende a estación do tren.
    Saúdos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s