Política: Sobre a tiranía


Política (002).jpg

Para que trunfe a resistencia, cómpre cruzar dúas fronteiras. En primeiro lugar, as ideas sobre o cambio teñen que motivar a persoas de distintas procedencias, que non estean de acordo en todo. En segundo lugar, as persoas deben atoparse en lugares que non sexan a súa casa, e entre persoas que previamente non eran amigas súas. É posible organizar protestas nas redes sociais, pero nada é real ata que non remata nas rúas. Así comeza a decimoterceira lección das vinte que podemos aprender do século XX sobre a tiranía, e que escribe Timothy Snyder.

Podería elixir moitas outras, pero a esta doulle unha importancia maior por enfatizar a necesidade de abrirnos á sociedade, algo que nos resulta máis complicado segundo avanzan os anos. Unha das consecuencias do éxito das redes sociais é que nos facilita o encontro cos iguais, con aqueles que pensan coma nós. E aínda que teña un encanto especial atopar a aqueles que comparten análogas inquedanzas, perdemos a capacidade do diálogo con moitos outros que non comungan en aspectos que consideramos fundamentais. E iso é un problema.

As cidades non se constrúen así, acumulando os iguais e afastando os diferentes. Entre outras cousas porque as características que salientamos para nos diferenciar moitas veces non representan minimamente a nosa forma de ser, nin as nosas filias nin as nosas fobias.

Un dos desagradables efectos que teñen os lideres de opinión é que deciden como construimos os filtros que condicionan as nosas relacións coas persoas. Deciden cal é a guillotina social coa que nos relacionamos, con quen podemos vernos, con quen non. Cales son os mínimos (que acabamos convertendo en máximos) sen os cales nin nos molestamos en contactar cos demais.

De aí a necesidade de cruzar esas fronteiras, de saír das contornas nas que nos sentimos acubillados,  (a ideoloxía, a afición única ou a relación constante). Debemos despistar a monotonía e acudir a lugares estranos para encontrar novas formas de pensar e vivir que posiblemente opinen de forma diferente, pero non sempre oposta. En época de falabaratos e especialistas do discurso, debemos recuperar a trama social como lugar de encontro no que descubrimos que os nosos veciños son máis humanos do que pensamos, máis pensados do que inventamos.

  Pedro Pedrouzo Devesa

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Política coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s