Rumores de esperanza: festas polo orgullo homosexual


Rumores de esperanza (1).jpgMentres escribo isto, están a celebrarse as festas polo orgullo homosexual. Os que temos uns poucos anos non podemos deixar de abraiar co moito que cambiamos de mentalidade neste tema. Ser homosexual ou lesbiana hai uns anos era algo que había que ter agachado.

Agora os mozos e mozas que non utilizan a maneira de amar convencional saen á rúa e fan unha festa que semella moi divertida. E no medio da festa tamén hai cristiáns. Porque hai xente que ten que saír do armario dúas veces. Coma cristián e como homosexual ou lesbiana.

Aconséllolle a quen lea isto que dea unha volta por páxinas web coma crismhom.com, onde atopará unha gran cantidade de información e ligazóns interesantes que abren a diversidade, tamén na Igrexa. Porque se hai algo do que teriamos que estar orgullosos e orgullosas, é da diversidade.

Achégase o verán. Invítote a vivilo a tope, cheo de vida. Que te abras a todo un mundo diferente e divertido onde non haxa lugar para o pensamento único e monocorde. Diversidade de cores, diversidade de vida, diversidade de dons, pero un mesmo espírito.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s