O peto común: Alfonso Zulueta


 v15j4608

Achegándose aos 100 anos, finou Alfonso Zulueta de Haz. Que gran persoa! Chegaba á miña casa con caixas de libros: oracionais en galego, Novo Testamento en galego, biblias en galego, libros de teoloxía en galego… Pedíame que os repartise entre os curas da zona, e tal facía. Mágoa que case sempre quedaban esquecidos nos andeis das sancristías.

Presidente do Consello da Cultura Galega, da Fundación Penzol, Galaxia, creador da Asociación Xoán XXIII…, sempre desde a súa fonda militancia cristiá.

Home crente, valedor de Encrucillada, da editorial Sept, que publicou estudos teolóxicos de moita importancia. Un dos motores da tradución da Biblia ao galego, roubándolle, xunto con outras xentes, horas á xornada laboral, poñendo cartos do seu peto… Cando lle regalaron o exemplar ao Papa Xoán Paulo II en Santiago, nin sequera o convidaron ao acto. Porén, dábao por ben feito coa esperanza de que a liturxia se encarnase na lingua que falaba a xente.

Zulueta e Teresa, a muller, percorreron as aldeas e lugares do Morrazo e doutras comarcas buscando aqueles rapaces discapacitados, agochados en alpendres, cortes, faiados…, atados, ás veces, a unha cadea, como animais. Crearon o Centro Xoán XXIII e tiveron que loitar, pasado o tempo, contra os que lle quixeron quitar calquera resgo de cristianismo á Asociación.

Os xornais galegos destacaban a súa militancia católica; xornalistas, pensadores, escritores recoñecían nel un exemplo de xenerosidade. Mágoa que ninguén desde a Igrexa de Galicia sequera lle dese as grazas. Alfonso Zulueta, desde Irimia: OBRIGADOS, IRMÁN ALFONSO!

Rubén Aramburu

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón) coas etiquetas , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s