Ler para camiñar: Crónicas de la América profunda


joebageant

O libro de Joe Bageant axuda a comprender o que está a pasar en EE UU. O resto do mundo pregúntase se é o mesmo país das universidades máis prestixiosas, o que emite a metade dos títulos universitarios, copa os Nobel e estrea películas inesquecibles. Se é tamén o que devora o planeta e consome doses masivas de comida lixo, fundamentalismo relixioso e racismo supremacista.

Bageant foi fillo do Medio Oeste e por iso é quen de describilo dun xeito tan aterrador coma divertido, identificándose coa xente, cousa que non fixeron os demócratas liberais. Retrata os brancos pobres, “xente embrutecida, endebedada, fundamentalista cristiá e amante da caza, pero sen cartos para medicinas, que defende o estilo de vida americano e co seu voto decide o destino dun mundo que nin coñecen nin comprenden”.

Tampoco comprende o resto do mundo que votaran a Trump a metade das mulleres brancas, a pesar de comportarse con elas como un mandril en celo; ou que houbera “Blacks for Trump” que contou co apoio do Ku Klux Klan; ou que o sector máis pobre dos latinos apoie a quen prometeu ampliar en México o ‘telón de aceiro’ contra os seus, é dicir, os pobres (con Canadá non hai muro). Custa aceptar que se presente como antisistema este paradigma da brutalidade dun sistema que converte a clase media nunha alarmante e masiva clase baixa; que non acepta os ‘perdedores’, vítimas dunha economía despiadada, e que os condena á incultura, inoculando neles o desprezo a todo o que ula a intelectual e aos medios de comunicación.

A América (do peor Bush) retratada neste libro, xa incubaba a burbulla inmobiliaria, o delirio crediticio… e profetizaba a de Trump, epílogo non escrito destas ‘Crónicas’ ou de como os medos irracionais dos “perdedores”, alimentan o odio ao outro, ao diferente. Quizais unha vacina parcial contra a masiva sementeira de medos, mentiras e estupidez sexa a lectura do libro de Bageant Crónicas de la América profunda.

Juan Antonio Pinto Antón

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Ler para camiñar coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s