O fachineiro da liberdade de expresión: A mordaza


csm_ciber_mordaza_open_graph_2bb1977e25A manipulación, a censura e o medo son tres recursos moi do agrado dos gobernos autoritarios ou simplemente ditatoriais. Tamén dos e das que entenden que gobernar é embridar a poboación. Por iso unha das primeiras medidas “urxentes” de Rajoy no goberno foi cambiar a lei que rexía a televisión pública para poder gozar dunha grella de telexornal á súa medida. Dende aquela, as denuncias por manipulación multiplicáronse e a audiencia afundiuse. Cando un pensa en falta de liberdade de expresión poida que lle veñan á cabeza países coma Corea do Norte, Rusia ou Exipto. Ata o noso amigo turco encargado de facer de tapón para que non nos veñan inmigrantes de mal vivir. Se nos poñemos un pouco máis escufinidos, ata podemos buscar dentro da Unión Europea e dicir Hungría ou Polonia.

O caso é que o país que aparece estes días no blog de Amnistía Internacional como un exemplo de redución de liberdade de expresión é España. A Lei mordaza (esa pexa ou solta feita para meter medo á xente e que non se manifeste) cumpre o seu segundo aniversario feliz. En tempos da posverdade, chámaselle Lei de “seguridad ciudadana” e listo.

A.Q.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s