Trasno: A orquestra do Titanic e o cambio climático


Rajoy tiña un primo que dicía que o do cambio climático era un conto. E Trump nin curmán precisa. Abonda coa súa inmensa autoridade científica para negalo todo.

Pero negacionismos á parte, o cambio climático xa está aquí. Non o notades?

No anterior número, desde o Piornedo, faciamos unha brincadeira sobre as súas consecuencias e a importancia de re-aprender a nosa economía de subsistencia, esa na que eramos auténticos expertos, por se a cousa se pon mal, mal. [Podes ver o artigo aquí]

A cousa non está para brincadeiras. É mágoa que non haxa un grande acordo europeo para obrigarlle ás televisións a concienciar a poboación sobre a necesidade de baixar drasticamente as emisións de CO2. E, igual ca os medios, os políticos, para que nos debates cambien esa obsesión por venderse a si mesmos para nos salvar dos outros políticos e discutan sobre enerxía, sobre envellecemento, sobre desigualdade, é dicir, sobre como salvar Galicia, Europa, o Planeta, do Grande Estrago. Curioso momento este onde o único líder mundial que está á altura das circunstancias é un tal Francisco, un Papa que veu da fin do mundo.

Porque o da orquestra do Titanic -tocando mentres o barco afundía- pode non ser nada comparado coa frivolidade das nosas televisións, especialmente as privadas, e do debate e estilo dos grandes líderes. A gran festa, o gran casino planetario, un descomunal Las Vegas, mentres o planeta se fai imposible.

Un planeta imposible é un mal agasallo para as novas xeracións. Pero pensar nas novas xeracións e nas supernovas, nas fillas dos nosos netos, sería ter un pensamento transcendente, que vai alén do que temos diante dos fociños. E, case sen notalo, pouco a pouco, foise instalando na nosa conciencia a ideoloxía de inmediatez material, dese “en cen anos todos calvos”. Hai que rebelarse.

Sen pensar en clave transcendente, chámalle x, só con irresponsabilidade egocéntrica, non hai futuro, nin en Cospeito nin en Las Vegas.

Daniel López Muñoz

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s