O fachineiro do medo: alarmas


Este fachineiro, coma moita outra xente, adoita almorzar coas noticias da radio. Pero chega un momento, aí polas 7:35 que ten que apagar durante a publicidade para que non se lle atragoe a torrada. Trátase dun anuncio de alarmas que xoga a espallar o medo da xente para vender os seus aparatos. Co medo e coa imaxinación, porque a cuña vai adobiada con preguntas do tipo “entráronlles na casa de noite e non se decataron. Imaxina que pasaría se estivesen espertos”. E claro, ti imaxinas e compras a alarma. Ademais, as medorentas do anuncio adoitan ser mulleres.

O recurso publicitario é efectivo pero resulta tan obsceno que é difícil aturar todo o anuncio. O outro día sóubose que mandos intermedios desta compañía encirraban aos seus vendedores para estender noticias sobre roubos falsos nun edificio para despois encherse a vender alarmas. “Vimos polo do roubo”, dicían. E con iso abonda. Non descobren nada novo, porque xa dicía Tito Livio que o medo sempre está disposto a ver as cousas peor do que son. O medo funciona en todos os campos. Tamén na política e na economía, sempre prestas a acender alarmas. Pero cando se combina coa ignorancia, os efectos multiplícanse.

A.Q

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro, Uncategorized coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s