Rumores de esperanza


Todos debémoslle algo a alguén. Poño por caso que calquera de nós débelle moito a xente que pasa pola nosa vida sen ter lazos de sangue e que nos bota unha man para atopar o noso camiño. De seguro que ti tes na cabeza xente que foi clave na túa vida e á que lle debes moito. Agora pensa que estás no caso daquela xente que polo que sexa chegou ao fondo do pozo. Hai xente pola que ninguén daría nin un pataco dos de antes e que sae do burato coa guía doutra persoa que se converte en clave.

Nas asociacións que traballan ben coa xente marxinada hai centos de historias destas. Xente que un día chega a esa organización totalmente rota e que sae a flote. Trátase de asociacións que non van de “solucionadoras de problemas” senón que acompañan no camiño de volta. Que saben que o protagonista do cambio non son eles senón o outro. Coñezo casos deses de xente que camiña nunha asociación ata saír do pozo. E o mellor de todo é que parte de esa xente ao volver a ver a luz do amencer regresan á asociación que lles devolveu á vida e deciden acompañar á xente que o precisa.

Coido que estes rumores son un pouco escuros porque non podo nin debo dar nomes pero estes días contáronme varias veces unha historia semellante. Dá gusto ver como a xente é agradecida e sabe mirar atrás e coñecer o seu pasado.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s