DOMINGO 18 DE XUÑO. FESTA DE CORPUS


arena[5814].jpg

A PALABRA. Xn 6, 51-58

A CLAVE. Marisa de Corme 

O ECO. Olga Álvarez

 

 

 

Naquel tempo, díxolles Xesús aos xudeus: «Eu son o pan vivo que baixou do ceo: se alguén come deste pan, vivirá para sempre; e o pan que eu darei, é a miña carne, para a vida do mundo. » Discutían entón entre eles os xudeus: « Como pode este darnos a comer a súa carne? » Díxolles entón Xesús: «Con toda verdade volo aseguro: se non comedes a carne do Fillo do Home e non bebedes o seu sangue, non teredes vida en vós. Quen come a miña carne e bebe o meu sangue, ten vida eterna e eu resucitareino no derradeiro día. Pois a miña carne é verdadeira comida e o meu sangue é verdadeira bebida. Quen come a miña carne e bebe o meu sangue, permanece en min e eu nel. Do mesmo xeito que o Pai que me mandou vive e eu vivo polo Pai, así tamén quen me coma vivirá por min. Este é o pan que baixou do ceo; non semellante ao que comeron os vosos pais, que mesmo así morreron: quen come este pan, vivirá para sempre.»

Permacecer. Xoán pon en boca de Xesús una das chaves do sermos en comunidade. Na comunidade todos formamos parte de algo máis forte e grande que nós sen perder a nosa identidade. As cristiás somos comunidade en tanto formamos parte do corpo de Cristo, en tanto entramos a formar parte do seu proxecto de amor para o mundo. Formar parte deste proxecto fainos permanecer no mundo, na historia. Dalgún xeito, ese permanecer é a clave da resurrección. Oscar Romero, na súa última homilía radiada, uns días antes do seu asasinato dicía: “Se me matan resucitarei no pobo salvadoreño”. E así é. Hoxe Romero vive resucitado na Igrexa, no pobo de Deus. Foi quen dun acto de amor. Soubo ir máis aló de si mesmo, camiñar cara o amor, e por iso permanece no amor.

Nas sociedades buscamos unha identidade colectiva na que permanecer alén das nosas identidades individuais: a nación, a patria. En Xesús a permanenza vai máis aló dunha cultura ou dun contexto histórico concreto. Os nacionalismo son cousa do Antigo Testamento. A nación elixida, o pobo santo, vense desbordados por unha nova identidade: a comunidade universal de amor. O amor faise carne concreta, e o banquete comunitario é a nova materia de identificación histórica, verdadeira comida e verdadeira bebida que nos fai permanecer no amor.

 A CLAVE. Marisa de Corme 

O sábado 27 de maio houbo unha actividade reivindicativa en Valladolid co lema de “5.000 soños afogados”. Desde o colectivo dos indignados pretendíase xuntar a cinco mil persoas, que son os mortos rexistrados no Mediterráneo no ano pasado, na praia fluvial de Valladolid e alí representar, todos tirados na area,  os cadáveres de tantos migrantes, homes, mulleres, nenos e nenas que rematan así a súa viaxe e a súa vida.

A organización, a través da megafonía, fixo soar unha sirena que era o sinal de deitarse durante varios minutos escoitando unha gravación de ondas do mar, mentres xornalistas, fotógrafos e cámaras tomaban imaxes. Logo outra sirena foi o sinal de que xa podiamos erguernos.

O acto continuou coa lectura dun manifesto, con cancións, con palabras e con sons e quen mais, quen menos, saímos de alí emocionados, chegando a unha conclusión: compartir o pan e o viño cos nosos irmáns inclúe non deixar que morran, abrirlles as fronteiras, as portas e os corazóns, poñernos nos seus zapatos e actuar en consecuencia.

O ECO. Olga Álvarez

Advertisements
Estas entrada foi publicada en boa nova coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s