Ás furtadelas: O empobrecemento da Teoloxía


Foto 2 (5)

O papa Francisco quere unha “Igrexa en saída”, aberta, tolerante, creativa

Por lei de vida, a gran xeración de teólogos que fixeron posible a renovación teolóxica que levou a cabo o concilio Vaticano II está a punto de extinguirse. E nas décadas seguintes, por desgraza, non xurdiu unha xeración nova que puidese continuar o labor que os grandes teólogos do século XX iniciaron. Os estudos bíblicos, algúns traballos históricos e algo tamén no que se refire á espiritualidade son ámbitos do quefacer teolóxico que se mantiveron dignamente. Pero incluso movementos importantes, como ocorreu coa teoloxía da liberación, dan a impresión de que se están vindo abaixo. Oxalá me equivoque.

Que sucedeu na Igrexa? Que nos está pasando?

O primeiro que deberíamos ter en conta é que é moi grave o que estamos vivindo nesta orde de cousas. Os demais ámbitos do saber non paran de medrar: as ciencias, os estudos históricos e sociais, as máis diversas tecnoloxías, sobre todo, sorpréndennos cada día con novos descubrimentos. Mentres que a teoloxía (falo en concreto da católica) segue firme, inaccesible ao desalento, interesándolle cada día a menos xente, incapaz de dar resposta ás preguntas que se fan tantas persoas e, sobre todo, empeñada en manter como intocables presuntas “verdades” que non sei como se poden seguir defendendo a estas alturas.

Por poñer algúns exemplos: Como podemos seguir falando de Deus, coa seguridade con que dicimos o que pensa e o que quere, sabendo que Deus é o Transcendente, que – polo tanto – non está ao noso alcance? Como é posible falar de Deus sen saber exactamente o que dicimos? Como se pode asegurar que “por un home entrou o pecado no mundo”? É que imos presentar como verdades centrais da nosa fe o que en realidade son mitos que teñen máis de catro mil anos de antigüidade? Con que argumentos se pode asegurar que o pecado de Adán e a redención dese pecado son verdades centrais da nosa fe? Como é posible defender que a morte de Cristo foi un “sacrificio ritual” que Deus necesitou para perdoar as nosas maldades e salvarnos para o ceo? Como se lle pode dicir á xente que o sufrimento, a desgraza, a dor e a morte son “bendicións” que Deus nos manda? Por que seguimos mantendo rituais litúrxicos que teñen más de 1 500 anos de antigüidade e xa ninguén entende, nin sabe por que se lle seguen impoñendo á xente? De verdade cremos o que se nos di nalgúns sermóns sobre a morte, o purgatorio e o inferno?

En fin, a lista de cuestións estrañas, incribles, contraditorias faríasenos interminable. E, mentres tanto, as igrexas baleiras ou con algunhas persoas maiores que acoden á misa por inercia ou por costume. Ao tempo que os nosos bispos poñen o berro no ceo por asuntos de sexo, mentres calan (ou fan afirmacións tan xenéricas que equivalen a silencios cómplices) ante a cantidade de abusos de menores cometidos por clérigos, abusos de poder que fan os que manexan ese poder para abusar duns, roubar a outros e humillar aos que teñen ao seu alcance.

Foto 1 (4)

Boff, Gutiérrez e outros teólogos nun congreso organizado por Amerindia no ano 2015

Insisto en que, na miña modesta maneira de ver, o problema está na pobre, raquítica, teoloxía que temos. Unha teoloxía que non toma en serio o máis importante da teoloxía cristiá, que é a “encarnación” de Deus en Xesús. O chamamento de Xesús a “seguilo”. A exemplaridade da vida e do proxecto de vida de Xesús. E a gran pregunta que os crentes tiñamos que afrontar: Como facemos presente o Evanxeo de Xesús neste tempo e nesta sociedade que nos tocou vivir?

Remato insistindo en que o control de Roma sobre a teoloxía foi moi forte, desde o final do pontificado de Paulo VI deica a renuncia ao papado de Benedito XVI. O resultado foi tremendo: na Igrexa, nos seminarios, nos centros de estudios teolóxicos, hai medo, moito medo. E ben sabemos que o medo bloquea o pensamento e paraliza a creatividade. A organización da Igrexa, neste orden de cousas, non pode seguir como durante tantos años. O papa Francisco quere unha “Igrexa en saída”, aberta, tolerante, creativa. Pero, seguiremos adiante con este proxecto? Por desgraza, na Igrexa hai moitos homes, con bastóns de mando, que non están dispostos a soltar o poder, tal como eles o exercen. Pois, si é así, adiante! Que pronto teremos liquidado o pouco que nos queda.

José María Castillo

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Ás Furtadelas coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s