O fachineiro da man que che dá de comer


Medios e medias

Nos Estados Unidos de América disque a prensa está a vivir unha idade de ouro, un efecto colateral da era Trump. Tantos son os disparates, as neglixencias, as mostras de vandalismo político, as meteduras de pata que a xente asisada achégase a diarios e canles de noticias coa intención de atopar alí análises demoradas e atinadas que traballen a información, pois ese é o labor do xornalismo. Todo ante os ataques irados do presidente que, a cada novo escándalo, non deixa de acusar aos medios non afíns de inventar noticias na súa contra.

Un dos diarios de referencia que non lle cae ben a Trump é, por suposto, o New York Times. Agora o xornal ten unha oferta segundo a que, por menos de euro e medio á semana, dan acceso a súa edición dixital e a todo o seu arquivo desde 1851. Non é con ánimo de comparar diarios, pero o actual representante da dinastía Baltar, o das gravacións nas que ofrecía un posto de traballo a cambio de sexo, acaba gastar 2,7 millóns de euros nosos en comprar o arquivo en papel do diario ourensán La Región. Iso si, sen dixitalizar, que iso vai á parte. Se o fixese a Deputación de Nova York co Times ata diría que estaba comprando favores, pero tratándose dunha institución tan transparente coma a Excma. de Ourense non o creo.

A.Q.

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s