O peto: a importancia de termos voz


IMG_3999.JPG

Escribo desde a experiencia do rural. Para moitísimas cousas moi importantes da nosa vida non contan connosco. Se hai que suprimir unha unidade escolar, decídeno eles; se a ampliación da Rede Natura colle o teu monte veciñal, decídeno eles, e nin sequera teñen a educación de cho comunicar despois de feito. E así todo. Non contan para nada connosco.

Sorprendeume no seu momento esa palabra que se foi abrindo camiño entre nós. EMPODERARNOS, que coido que se lle debe ao feminismo. Grazas! Os de arriba (fixádenos na contundencia do dito “isto vén de arriba”) apoderáronse da nosa voz, secuestráronnola, roubáronnola: pensan por nós, falan por nós, deciden por nós e… mexan por nós.

Pois ben, fronte a ese empeño deles por APODERARSE da nosa voz, fronte a ese abandono noso, deixando que nos rouben a voz, toca EMPODERARNOS, é dicir, non apoderarnos de nada, non roubarlle a voz a ninguén, senón facer uso normal da voz nosa (en galego, por suposto), como algo que nos pertence, que nos corresponde por lei de vida; e que non usen a democracia do “xa votas cada catro anos” para moi raposeiramente (con respecto polos raposos) roubarnos a voz.

Os de arriba (alcaldes e alcaldesas, cregos e bispos, ministros e ministras …) téñenlle medo á nosa voz. En xeral evítana canto poden. E moitas veces nós entramos nese xogo, vemos como absolutamente normal o de estarmos calad@s, iso si, rosmando e maldicindo por tras, que é por onde a eles menos lle doe.

Outra cousa é ver como unha persoa, unha comunidade parroquial, un pobo chega a ter voz propia, voz con peso, con forza; voz pegada á vida, voz intelixente, voz rompedora, voz que se faga oír. Para saber ou ler ou ver, di o refrán. Ler, ver, xuntarse, debater –en grupo, claro–, ir tendo criterio, ir collendo confianza, ir crendo que somos quen de falar e de falar con acerto sobre o que nos afecta. E logo falar, escribir, berrar, protestar, razoar… Ata que nos teñan respecto, ata que digan: a voz desta xente vale tanto coma a nosa ou máis cá nosa, cómpre contar con ela. Daquela empezarán a cambiar moitas cousas. Mentres non. Nada.

Manolo Regal Ledo

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón) coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s