Ler para camiñar: María Reimóndez, unha boa noticia


9788499147376

Fartos de malas noticias na lameira onde conflúe o peor da política e os cartos sucios, cae nas nosas mans o libro Desde o conflito. Entre tanta palla, este libro hai que colocalo no monte escollido do gran. E non porque lle desen o Premio Xerais: hai premios con máis marketing que literatura.

Trata de xornalismo, profesión esmorecente e ameazada desde as balas e os medos, desde a censura e a autocensura. Para a nosa desgraza, desde que se inventou a imprenta, a liberdade de expresión volve ser a vontade do dono da imprenta.

Da man da protagonista, percorremos puntos quentes dun planeta con pouca xeografía temperada. De Iraq a Afganistán, de Zaire a Etiopía, desde Haití ata Sri Lanka, pasando polas paisaxes de pedra de Compostela, pola Vetusta da Chaira, que din Vilalba. E por Berlín, Barcelona, tan europeas, tan estranxeiras, útero morno para se protexer da intemperie do mundo inhabitable, tan desadornado de seres humanos e onde a ditadura dos cartos é o poder mundial máis recoñecible. Engadimos paisaxes do horror en México, en Serra Leoa, en Siria, en Gaza, teatros onde sobreviven os silenciados.

A xornalista Saínza Combarro vai, mira, fala escoitando e conta a verdade, cousiñas que esquece o xornalismo entretecido de comunicados de prensa dos gobernos ata se transformar en caxato dos poderes.

Guerras e cascallos, nenos e moscas, amizades e sentimentos, ese norte tan arriba, ese sur tan abaixo. Unha ollada de muller sobre este caixón de xastre onde uns poucos constrúen o benestar nas ruínas da inmensa maioría con cores femininas.

Novela sobre o xornalismo e a decencia. Neste oficio, na novela de Reimóndez non collen os cínicos, axioma de Ryszard Kapuscinski. Volve ser imprescindible o de ir, ver, escoitar e contar a verdade, dar voz aos silenciados, vacinarse contra o cinismo e sentir o conflito en carne viva.

Novela para tratar de entender este crebacabezas, o planeta roto, esta fenda entre o norte e o sur, entre a opulencia e a miseria, entre o consumismo e a ecoloxía. E de como para sobrevivir precisamos a nosa dose de amizade, de sentimentos, de quentura humana. Si, Desde o conflito éche unha boa novela. E María Reimóndez, unha boa noticia.

Juan Antonio Pinto Antón

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Ler para camiñar coas etiquetas , , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s