Actualidade: acampa pola paz e o dereito a refuxio


cropped-logo_a_512-1

Acotío recibimos informacións de acontecementos graves que nos impactan: guerras, fame, escravitude, paro, violencia, exclusión… e que provocan o éxodo de millóns de persoas. Seres humanos que foxen da dor, o sufrimento e a morte buscando refuxio. Somos moitas as persoas que queremos actuar, pero non sempre sabemos como. ACAMPA é unha iniciativa cidadá sen fins de lucro integrada por colectivos sociais, culturais, educativos, veciñais, políticos, sindicais, artísticos, de persoas solidarias, de institucións e empresas con responsabilidade social… ten como obxectivo a defensa dos dereitos humanos, o Dereito Internacional Humanitario e o Dereito a Refuxio, afondando nas causas dos acontecementos.

 Do 15 ao 18 de xuño na Coruña terá lugar unha gran conversación: Acampa pola paz e o dereito a refuxio.

A Coruña será testemuña de numerosas fotografías, documentais, conferencias, xogos, concertos, etc. que, aínda que terán lugar en diversos barrios e lugares, gravitarán ao redor da reprodución parcial dun campo de refuxiados. Nos xardíns de Méndez Núñez instalarase esa reprodución e, ao seu lado, persoas e colectivos poñerán a súa tenda de campaña significando a solidariedade coas persoas refuxiadas. Unha exposición de fotos xigantes do premio Pulitzer Javier Bauluz correrá desde os mesmos xardíns ata Porta Real. Haberá visitas guiadas ao campo de refuxiados e ás exposicións fotográficas, así como charlas cos fotógrafos que documentan nas súas exposicións os temas da guerra, a viaxe de exilio e a vida nos campos.

Nunha gran carpa nos xardíns, terán lugar coloquios e encontros con persoas refuxiadas, voluntarios, representantes de ONG que actúan sobre o terreo, xornalistas expertos no tema… Miles de persoas terán á man información, impresións, experiencias, imaxes, contacto coas persoas protagonistas (refuxiadas e voluntarias); haberá xogos formativos para nenas e nenos e tamén concertos.

Toda unha tarefa de enorme complexidade técnica que contou desde o inicio co apoio de decenas de persoas voluntarias, con máis de trinta colectivos grandes e pequenos, co apoio institucional do Concello, a Deputación e a Universidade, que xa está a contar coa atención dos medios… para facer un tipo de evento que poida ser replicado noutras localidades e outros países; para formar unha rede de información, intercambio e mobilización en toda Europa; para que os gobernantes oian dunha vez a voz das persoas ás que, por tratar de circular libremente, eles condenan á morte, á enfermidade, á miseria e á non existencia legal.

Rubén Sánchez (responsable de Comunicación de Acampa)

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Actualidade coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s