Rumores


Rumores (1).jpg

Moitas veces cando escoitamos novas deportivas, parece que os seus eventos son o máis importante do mundo. Os deportistas de elite crense o centro do universo e resultan imprescindibles. Pero de cando en cando hai novas esperanzadoras. Non sei se vistes a rolda de prensa de Jasikevicius (adestrador de baloncesto do equipo lituano do Zalguiris Kaunas, para os que non saibades nada de baloncesto, un equipo grande) previa a un partido importante do seu equipo. Transcríboa, pero podedes atopala na internet.

Xornalista: Que pensa sobre a ausencia do xogador Augusto Lima na metade das eliminatorias para asistir ao nacemento do seu fillo?

Adestrador: Que penso? Eu deixeino ir.

Xornalista: Pero… É normal iso durante unhas semifinais?

Adestrador: Tes fillos? Candos os teñas, entenderalo. É a mellor experiencia do ser humano. É unha boa pregunta. Pensas que o baloncesto é o máis importante?

Xornalista: Non, pero é unha semifinal e é importante.

Adestrador: Semifinal? Que é importante?

Xornalista: O equipo…

Adestrador: Zalguiris? Importante? Cando sexas pai, entenderás que é o máis importante na vida. Vés e falas. Porque é o mellor do mundo. Creme, nin títulos nin nada máis.

Toda unha lección de humanidade e, tal vez, unha catequese.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s