O fachineiro de Talía: Sentido común


Talía era unha das dúas musas do teatro; da comedia, para máis datos. Cáeme simpática porque é unha musa rural e o seu nome vén do verbo grego florecer. Talía é tamén o nome dunha das poucas compañías de teatro galegas que a este fachineiro lle ofrecen garantía antes mesmo de ver a obra. Agora andan embarcados en varios proxectos simultáneos, e desta feita quería salientar dous. E ningún deles ten moito de comedia.

O primeiro é Os mortos daquel verán, unha adaptación da obra de Carlos Casares ambientada nos primeiros días da Guerra Civil. Trátase dunha declaración xudicial recollida por un funcionario que interpreta de forma magnificamente contida Toño Casais. A través das páxinas do libro ou das escenas da peza, podemos reconstruír unha sociedade dominada por un dogmatismo que xa sabemos en que acabou.

O segundo proxecto é un vídeo que dende hai un par de semanas pode verse en youtube e que leva por título SC, sentido común. É unha curtametraxe de dez minutos no que a unha rapaza lle propoñen unha experiencia única, un cambio absoluto na súa vida cotiá, unha nova forma de ver o mundo. O vídeo, presentado cunha estética futurista é, porén, real coma a vida mesma. E quen queira saber máis, que o vexa.

A.Q.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s