O peto común: Cheos de vida


O peto (3).jpg

Asistimos a un novo e prodixioso vídeo baixo a iniciativa do Centro de Formación e Recursos de Ferrol para fomentar a integración do alumnado. “1 000 nenos e nenas cantan Chea de Vida”. É o título dun vídeo que en tan só catro días se aproximaba ás 30 000 visualizacións. Nel, un milleiro de cativos cantaron ao unísono “Chea de Vida” coa cantante Guadi Galego e o guitarrista Guillerme Fernández, baixo a dirección de Ramón Bermejo. O lugar escollido, cando menos, foi sorprendente: os talleres de Navantia deixaron por un momento a rutina e o son habitual para trocalo polas voces dos nenos, ou, máis aínda, polo entusiasmo e a ledicia de cada un deles. Esta publicación veu sendo un agasallo na previa das Letras Galegas, que este ano lembraba a figura de Carlos Casares; moitos centros educativos partillárono polas aulas e nos actos realizados durante esa semana. Un bo e oportuno tributo para a nosa lingua e o noso sentir, que semella falto de iniciativas como a realizada na contorna de Ferrol. Oxalá que se repita máis veces, contando, como nesta ocasión, cos nosos artistas. Guadi Galego representa, hoxe por hoxe, unha das mellores voces femininas e, polo tanto, é motivo de festexo que fose ela quen interpretase unha canción do seu disco “Lúas de outubro e agosto” con estes escolares de Primaria e Secundaria. Parabéns a todos os que dalgún xeito soñaron e nos encheron de vida.

Josecho de la Torre

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón), Uncategorized coas etiquetas , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s