O noso taboleiro: recoñecemento a Xaquín Campo Freire


OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Saúdos agarimosos, amigas e amigos:

Seguramente xa che chegou por algún medio a noticia de que no serán do día DEZ DE XUÑO se vai celebrar un encontro de recoñecemento comunitario ao traballo e á persoa deste noso benquerido amigo Xaquín de Roca. A organización da tarde será a seguinte:

1º.- Comezo. Ás cinco da tarde, na parroquia de PIÑEIROS – NARÓN, da que foi o primeiro cura (ao ladiño do Asilo-Residencia San José), erixirase en terreos municipais, na súa memoria e para honra de toda a comunidade e de todos os amigos e amigas, un monólito con inscrición gravada incluída: “XAQUÍN CAMPO FREIRE. Compañeiro de camiño. Ganduxador de novos amenceres. Galiza no corazón”.

2º.- Ás seis, no Auditorio Municipal, Praza de Galicia (ao lado do Concello de Narón, Alto do Castaño), haberá un programa moi completo de actos con participación activa e a presenza de xente vida de toda Galiza. Pensamos que vai valer moito a pena. A entrada é pública. Vai reservando a data na axenda.

Dentro duns días difundirase por diversos medios de comunicación o programa detallado con todas as intervencións e dando conta cumprida da publicación dun libro que xa está a saír: Ganduxando vidas.

Neste encontro de recoñecemento colaboran: Concello de Narón, Galicia Digital, Asociación Xermolos, Irmandade Manuel María, Irimia e Encrucillada e todos os amigos e amigas das diversas parroquias nas que traballou.

No nome do grupo @ganduxandovidas, con toda a amizade,

Nieves Espiñeira Medín

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Noso taboleiro coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s