Editorial: A importancia dos b e dos v


cartaz-lingua-17-vfinalAparecen estes días en paredes, farois e soportes varios das nosas vilas, carteis dunha coñecida organización da mocidade galega, onde se anima a defender a nosa lingua baixo a lenda “Rebélate, fala galego”.

Converteuse maio nun momento axeitado para emprender todo tipo de campañas arredor da lingua, para lembrarnos a situación actual do noso idioma e como “dar o paso de falar galego no contexto actual é un grande feito de rebeldía”. Faise un chamamento á mocidade, ao seu carácter máis transgresor, rebelde, as súas ansias de cambio. Etimoloxicamente, rebelar supón unha volta á guerra, ao combate, cunha lingua que esmorece nesta sociedade tecnolóxica e globalizada na que estamos a vivir.

Mais este maio tamén pode ser un bo momento de nos revelar, de nos quitar o veo, de practicar coa nosa lingua, de facela visible, nun mundo onde o audiovisual, o virtual, ocupa cada vez máis minutos do noso día. Cómpre apostar pola rebelión, mais tamén pola creatividade, por revelar unha lingua que pode e debe ter espazo entre youtubers, instagramers, podcasters, e todos eses que están ao ocupar o noso tempo e o da nosa mocidade. E isto non depende das políticas culturais do momento, depende de que deamos o paso, de que asumamos a nosa responsabilidade, de visibilizar, revelar, a nosa lingua en todos os eidos da vida, incluído internet. Hai un dito que asegura que se non hai un vídeo dun latinoamericano en youtube explicando como se pode facer unha cousa, é que esta non se pode facer. Pois neste maio estamos chamados a nos revelar, e ser capaces de compartir a nosa creatividade, de crear contidos, na nosa lingua.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s