Rumores de esperanza: Carlos Casares


Eu, sen sabelo, entrei na literatura galega en particular e na lingua en xeral da man de Carlos Casares. Cando era un raparigo duns nove anos e toda a miña vida era absolutamente en castelán, chegou ás miñas mans un libriño pequeno nunha lingua que só escoitaba de cando en cando. Tratábase do Principiño, que eu daquela pensaba que estaba escrito orixinalmente en galego. Pouco despois souben que o orixinal non era en galego e que era unha boa tradución. “Non se ve ben máis que co corazón. O esencial é invisible aos ollos.”

Cando o galego entrou nas miñas aulas, recordo tamén un conto que case acabei sabendo de memoria e que viña no meu libro de texto. Trátase da rapaza do circo. A historia dun rapaz que se namora dunha moza que vai nun circo. A historia de amor dura unha tarde. Eu tamén fantasiei con bicar unha rapaza xeitosa como aquela no laboratorio do meu colexio.

Logo souben que ese era un relato dun dos primeiros libros que tiven que ler “obrigatoriamente” en lingua galega en BUP. Trátase de Vento ferido. Lembro con arrepíos algún relato dese libro, especialmente “O xogo da guerra”.

Velaí vai a miña homenaxe a un escritor ao que coido que non coñecín directamente, pero que coa súa man de tinta meteume no mundo da lingua que agora sinto miña. Por iso, Carlos Casares, onde esteas, aquí está a miña homenaxe en papel. Déboche moito.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s