O fachineiro dos celtas


 

O país da brétema e a casa da xente

Hai unhas semanas cumpríronse cen anos do pasamento do poeta Eduardo Pondal (1835-1917), un dos deuses maiores do noso Rexurdimento literario. A el debémoslle o himno, a loita pola lingua e unha suxestiva atención ao pasado celta de Galicia. El mesmo, que gustaba de chamarse bardo, asistía na Coruña un faladoiro alcumado polos seus detractores como “Cova Céltica”.

Agora que o Celta de Vigo pasea o seu equipo por semifinais europeas, hai que lembrar que ata non hai moitos anos, practicábase no noso ensino unha negación sistemática da presenza céltica en Galicia -e de tantas outras cousas- non fose que virase nun grande feito diferencial. Suso de Toro lembra como lle dicían na Facultade de Historia que aquí non houbo máis celta que o de Vigo. Pasado o tempo, sente a chamada do mito e por iso publicou esa xeitosa andaina por lendas celtas que é O país da brétema.

Nesa brétema pode ficar a casa de quen fumaba celtas cortos con fruición: o poeta Xosé María Díaz Castro. Para evitalo, a Asociación Xermolos chámanos á colaboración de todos e todas para facermos posible que esas paredes que ameazan con esborrallarse se convertan na casa da xente. Só hai que entrar en xermolos.org e informarse.

A.Q.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro, Uncategorized coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s