Ler para camiñar: La nueva lucha de clases – Slavoj Zizek


Apenas 130 páxinas escritas con ferocidade: un dedo no ollo en cada parágrafo. Acedo pero construtivo, un berro alleo ao politicamente correcto.

O filósofo indaga nos baixos fondos da crise para descubrir unha loita polo control da economía mundial. EEUU, UE, Rusia, China son responsables dos estados fallidos que están na orixe das migracións dos refuxiados que escapan de guerras e do planeta invivible. Tenta entender as ondadas de desesperados que, ao fin, teñen menos de migración bíblica que de loita de clases nun sistema económico global que se comporta como picadora de carne humana.

E, mentres, na Europa desexada, debaten entre unha nova cultura laboral que busca ‘achinar’ os traballadores ou corrixir a deriva que os deixa nas poutas das multinacionais. Todo iso fai perigar as mellores conquistas europeas: igualitarismo, estado do benestar, dereitos humanos, unha liña vermella irrenunciable no diálogo con outras culturas.

Velaí as paisaxes dun mundo roto, ameazado ecoloxicamente, onde medra imparable a fenda das desigualdades entre os incluídos, que conviven co medo no interior do sistema, e os excluídos, que sobreviven ao outro lado dos valados. Eses muros tamén medran entre migrantes e refuxiados que poñen a maior parte das vítimas a mans de fanatizados. Ante eles, a mellor Europa non pode ceder no terreo das libertades, na invisibilización das mulleres ou na humillación dos gays, por exemplo.

Os refuxiados son a proba dun ben común en perigo: a humanidade amezada polo capitalismo global, que xera novas formas de apartheid e devora os recursos do planeta e para quen boa parte dos seres humanos pasa á categoría de ‘desechables’.

Por iso cómpre recuperar a idea de Europa: dereitos humanos, igualdade, liberdades, ameazados por fascismos recubertos de fundamentalismo islámico ou populismos de extrema dereita. A fermosa idea de Europa tamén está amezada polo avance descontrolado das grandes corporacións, a violencia e a crueldade do fundamentalismo e o matonismo depredador dos recursos do planeta.

Zizek aposta polos que aceptan o escenario actual e deciden que deben mirar, trazar plans, tender pontes antes que afiar coitelos. E buscar saídas máis aló do medo ao outro, a parálise e a intolerancia dos fundamentalismos: islamofobia e eurofobia.

Para evitar o choque de civilizacións. Para que as vítimas non as poñan sempre os mesmos. Para que os vencedores non sexan o peor de cada casa, partidarios da loita fraticida: a un lado, os racistas antiinmigración europeos; ao outro, o islamofascismo.

La nueva lucha de clases. Los refugiados y el terror. Un libro de Slavoj Zizek.

Juan Antonio Pinto Antón

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Ler para camiñar coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s