DOMINGO 30 DE ABRIL. III de PASCUA


tracks-1970153_640.jpg

A PALABRA. Lc 24, 13-35

A CLAVE: Contaron o que lles pasara polo camiño. Carme Soto

O ECO. Christina

A PALABRA. Lc 24, 13-35

Naquel tempo, Lázaro de Betania, da aldea de María e da súa irmá Marta, caera enfermo. María fora a que unxira ao Señor con perfume e lle enxugara os pés cos seus cabelos; o seu irmán Lázaro era o enfermo. Por iso, as irmás mandaron a dicirlle a Xesús: «Señor, mira, o que amas está enfermo.» Ao oílo, dixo Xesús: «Esta enfermidade non é para a morte, senón para a gloria de Deus, a fin de que por ela se glorifique o Fillo de Deus.» (…)

Aquel mesmo día dous deles ían camiño de Emaús, unha aldea que está a uns dez quilómetros de Xerusalén. Ían falando de canto pasara. E resulta que mentres parolaban e discutían, Xesús en persoa, achegouse e camiñaba canda eles. Mais os seus ollos estaban incapacitados para o recoñeceren. Entón preguntoulles: «De que ides falando polo camiño?» Eles pararon cun rostro moi tristeiro, e Cleofás, un deles, respondeulle: «Seica es ti o único forasteiro en Xerusalén, que non sabe nada do que pasou alí durante estes días?» El preguntou: «De que, logo?» Eles contestaron: «Do asunto de Xesús o Nazareno, que foi un profeta poderoso en obras e palabras, ante Deus e ante o pobo todo; de como os nosos sumos sacerdotes e demais xefes o condenaron á morte e o crucificaron. Nós esperabamos que el fose quen liberase a Israel; mais xa van alá tres días desde que pasaron estas cousas. Claro que algunhas mulleres das nosas déronnos un susto, porque foron ao riscar o día ao sepulcro, e, ao non atoparen o corpo, volveron falando dunha visión de anxos, que lles aseguraron que el vive. […]»

A CLAVE: Contaron o que lles pasara polo camiño. Carme Soto

O relato de hoxe é dos máis coñecidos do evanxeo de Lucas e, sen dúbida, moitas/os de nos máis dunha vez sentímonos inspiradas/os co a súa lectura. É un texto que so aparece na tradición deste evanxelista pero que exemplifica con gran claridade cal foi o proceso que a primeira comunidade cristiá tivo que facer para comprender e experimentar o feito da resurrección de Xesús e deste xeito entender tamén dunha forma nova a misión e o significado da vida do mestre.

A narración presenta dous espazos no que se desenvolve a acción. O primeiro é o camiño onde dúas persoas se atopan con Xesús e el vailles facendo caer na conta que a súa vida e ou seu destino estaba en continuidade co Deus que se revelaba nas Escrituras. Esta foi a o que os discípulos/as primeiros/as fixeron: Buscar na Palabra de Deus o sentido que tiña a vida e especialmente o terrible final do Mestre.

O segundo espazo foi o lugar onde se sentaron a partir o pan e no cal foron quen de descubrir a identidade do compañeiro de camiño. O facer memoria da derradeira cea de Xesús foi para as primeiras comunidades cristiás un momento clave para atoparse co Xesús resucitado. Recordando as súas palabras  foron descubrindo a fondura do xesto do Mestre e urxencia de seguir anunciando “o que viran e escoitaran” xunto a el. Na oración e na celebración afianzaron a súa fe en Xesús e colleron folgos para proclamar que o Mestre estaba vivo e cumpría anunciar por vilas e cidades a súa Palabra salvadora e liberadora. Pois coma eles e elas  os comezos tamén nos hoxe…

O ECO. Christina

Eses dous discutían, acababa de ser, as mulleres contaran, pero non as creran… Non era para menos, pero necesitaron unha testemuña masculina para poñerlle o selo. De paso capitalizou o descubrimento, adoita pasar.

Claro muller, non sexas pouco humilde, o que menos importa é quen o di, importa que pasou.

Importa sobre todo que quen di, fai ou manda, non sexa muller, ou afín  (léase calquera exemplar humano non heteronormativo e “menos” viril).

Importa que fiquemos na sombra, caladiñas e humildes, importa que non sobresaiamos e que procuremos que as outras se ateñan.

Importa que non se diga que quen ía de volta de Xerusalén aquela tarde, discutindo e quen sabe, rifando, eran un home e unha muller… o certo é que temos dereito a dicilo, os pronomes autorizan a crelo, autorízanme a dicilo. Por que non? Se non, por que ían discutir?

Compañeira sen nome de Cleopás, invócote. Myriam? Ese era o teu nome? Importa que te procure polos camiños, importa que atope as túas pegada, que resucite o arrecendo a pan daquela casa onde voltabas co teu compañeiro e un convidado misterioso sumado sen máis. Importa que ti tamén o recoñeceras ó partir o pan, como tres días antes naquela cea… Di, compañeira, onde é que o viras ti partir o pan antes se din que non houbo mulleres na cea do xoves.

Prometo que darei contigo… se non aquí, nesa outro mundo onde outro ollo é o que ve, outro ouvido é o que oe, e o corazón pode latexar en liberdade porque a cabeza xa comprende… un mundo que xa está aquí e sinalaremos por mais que nolo queiran prohibir, así sexa coa nosa sangue. Bendita ti compañeira de Cleopás, discutidora. Non cales… xa non.

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en boa nova coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s