Editorial


franceflag_svgOs excelentes resultados da Fronte Nacional de Marine Le Pen na primeira volta das presidenciais francesas son, outra volta, un grande asunto para o debate e a reflexión, non só sobre o futuro de Francia, senón sobre todo sobre o futuro da Unión Europea.

Hai dous asuntos clave que provocan a incomodidade e a rebelión dunha cuarta parte, polo menos, do electorado que se decanta polo discurso fácil da dereita extrema de Le Pen. E son dous asuntos sobre os que a esquerda e os partidos europeístas deberían reflexionar, rectificar e propoñer.

O primeiro é o da inmigración. Sabida é a nosa predisposición positiva á acollida. Pero o que se ten feito en Europa en moitas ocasións ten que ver pouco cunha acollida real e efectiva. Ten que haber auténticas políticas de integración, debe planificarse, acompañar os procesos, facer educación en dereitos e deberes, inserción laboral, política de vivenda que exclúa os guetos, proxectos creativos de interculturalidade. A inmigración é un enorme desafío, un potencial e unha oportunidade humana para a solidariedade e o encontro e para revitalizar unha Europa caduca. Paro se non se fai ben, os efectos veñen de rebote, coma un búmerang. E un deses efectos está nese renacer do racismo e a súa conversión en voto ultradereitista.

O segundo desafío é o dunha globalización feita á medida dos mercados e das grandes empresas e bancos multinacionais. A xente ten medo, pánico a esa globalización do capital que deixa para as súas fillas e fillos un futuro peor ca o que eles viviron. A desprotección do obreiro, a deslocalización das fábricas consolidadas, a inminente robotización e a súa repercusión no incremento do paro. Pero hai máis medos. A perda da soberanía alimentaria e a entrada masiva de alimentos insáns, a ruína da pequena agricultura de proximidade, e os cheques en branco a proxectos mineiros ou instalacións altamente contaminantes.

Debe abandonarse a inxenuidade. Se a xente reacciona como está reaccionando hai que saber interpretar o que pasa. Cómpren fórmulas novas, feitas desde a solidariedade e a igualdade, desde a esquerda política, para a acollida integradora de inmigrantes e para unha globalización que antepoña a xente ao diñeiro e os seus insaciables amos.

A xente ten pánico a esa globalización do capital que deixa para as súas fillas e fillos un futuro peor.

Editorial

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s