DOMINGO 16 DE ABRIL. PASCUA


IRIMIA BLOGUE pasion-PASCUA

A PALABRA. Xn 20, 1-9

No día primeiro da semana María a Madalena foi ao sepulcro moi cedo, cando aínda era escuro, e viu que a pedra do sepulcro estaba quitada. Botou a correr e, chegando onda Simón Pedro e onda o outro discípulo, a quen amaba Xesús, díxolles: «Colleron do sepulcro o Señor, e non sabemos onde o puxeron.» Pedro e mailo outro discípulo saíron correndo cara ao sepulcro. Corrían os dous á par. Mais o outro discípulo correu máis lixeiro ca Pedro, e chegou primeiro ao sepulcro. Abaixándose, viu que estaban os lenzos, mais non entrou. Entón chegou tamén Simón Pedro, que o seguía, e entrou no sepulcro. Viu os lenzos pousados alí. Mais o sudario que envolvera a súa cabeza, non estaba cos panos, senón á parte, enrolado noutro lugar. Entón entrou tamén o outro discípulo, que chegara primeiro, ao sepulcro; viu e creu. (Pois aínda non entenderan que, conforme a Escritura, era preciso que resucitase de entre os mortos).

A CLAVE. Marisa de Corme

Pedro, María e Xoán. Tres persoas distintas diante dun sepulcro baleiro. Cada unha delas vivindo nas súas vidas concretas, coa súa historia e angueiras, unha experiencia radical, desas que che dan a volta como un calcetín. Dos tres nos chegan outros tantos Evanxeos, dous apócrifos (Pedro e María) e un canónico (Xoán). Evanxeos escritos non por eles, senón por comunidades que recollen dalgún xeito a súa experiencia e se deciden a falar no seu nome, dende a autoridade que lle confire ser discípulos. Por si quedaba algunha dúbida, os tres evanxeos coinciden en poñer a María como a primeira testemuña e transmisora da resurrección.

A tradición eclesial estableceu a quen dar preeminencia, sobre quen facer descansar autoridade, goberno e docencia. Logo veu a misoxinia, ese escuro e incerto medo á muller tan presente aínda en moitos varóns, a contarnos unha falsa historia de prostitución que buscaba rebaixar a figura de María e, por ende, a autoridade de todas as mulleres. Hoxe toca ir rescatando a verdadeira igualdade ante Deus que predicaba Xesús.

Fóra medo!!

Xesús resucitou!!

Os tempos son chegados!!

O ECO. Olga Álvarez

Cando alguén que queres sae dunha operación a vida ou morte ou as probas din que o tumor é benigno, notas que o teu corazón volve latir. Cando o teu amigo é xulgado por protestar, sexa nunha manifestación ou cantando un rap, e sae libre, iso é volver vivir. E, dalgún xeito, algo así lles tivo que ocorrer aos apóstolos, con María Magdalena de primeira.

Despois do medo pola detención de Xesús, da rabia polas torturas, da tristeza pola súa morte, algo tivo que lles pasar a aquela xente que estaba escondida e fechada. Algo moi forte que os fixo saír da casa e crer o incrible: que o proxecto de Xesús non rematara, que non todo estaba perdido.

E cal foi a faísca para que aqueles desesperanzados volvesen á vida? Cal foi o milagre que lles cambiou por dentro para sempre? Non o sei, porque a resurrección non nos cabe na cabeza. Cústanos crer que, despois dunha terrible desgraza, a vida segue. Cústanos crer que a morte non é o punto final da vida, que podemos e debemos celebrar a vida de alguén que xa non está, que a súa lembranza é o mellor regalo. Cústanos pero é así.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en boa nova coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s