Rumores de esperanza


lavatorio-pies-e1456326917593Estamos máis ou menos nas datas de Semana Santa. Metín en Google esas palabras para ver que pasaba e a verdade é que atopei unha morea de anuncios relacionados co turismo. Son datas de viaxes. Tamén bastantes de procesións por Andalucía adiante e invitacións a vivir a Semana Santa no medio do balbordo das procesións.

Porén, para os que somos crentes, a Semana Santa é algo máis que unha semana de vacacións aderezadas coas procesións da Macarena, do Santo Cristo de Nonseionde…, todas elas tradicións moi respectables como calquera que sexa. Pero a Liturxia cristiá está chea de xestos e momentos que ben valen para unha reflexión e unha meditación ben xeitosa que moitas veces non facemos e deberiamos.

Eu hoxe vou destacar unha: o lavatorio de pés. Xesús fíxoo na Última cea e con isto deixou moi claro que quen queira un cargo, ten que servir. Nesta celebración de Xoves Santo faise en todas as igrexas e penso que algo deberiamos vivir e reflexionar. Un xesto sinxelo e toda unha declaración de intencións. Aquí todos vimos facer o que cumpra e, se é preciso, arremangarse e lavar o outro, pois hai que facelo. Porque antes de comungar ese Corpo de Cristo e antes de compartir mesa cos teus irmáns, hai que facer un bo exame de conciencia. Como andas de servir a quen tes ao teu carón? Mellor un bo lavado de pés que unha procesión. Non si?

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s