O fachineiro dos premios María Casares


Xa volo dicía eu

Dirá a lexión de fans desta columna que o fachineiro ten unha especial querenza polo teatro. E non di mentira. Desta tócalle aos premios María Casares, que se entregaron hai un par de semanas. Ben sabemos que non sempre os recoñecementos se corresponden coa calidade, pero que Eroski Paraíso levase o premio ao mellor espectáculo, actriz protagonista e dirección non pode sorprender a ninguén. Xa volo dicía eu que había que vela.

Claro que quedou escasa en premios o fantástico Foucellas de Talía Teatro. A outra grande triunfadora foi O tolleito de Inishmaan, de Cándido Pazó, que anda de xira e pode verse en Santiago a próxima semana. Ben merecido leva o premio de honra Eduardo Alonso, un dos que fixo posible o hoxe esquecido Centro Dramático Galego, do que foi primeiro director. Logo de 40 anos no oficio Alonso foi premiado en todos os campos (dirección, adaptación, iluminación…) e desde 1991 dirixe Teatro do Noroeste. A todos os galardoados e aos que non o foron pero que tiveron a afouteza de poñer o seu talento e os seus cartos ao servizo desta arte deberiamos agradecemento. Pero a TVG non o considerou así e por iso decidiu emitir a gala de entrega en diferido, que ben debe chegarlles a estes esmoleiros. Así valora a cultura o poder que eliximos nas urnas.

A.Q.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro, Uncategorized coas etiquetas , , , , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s