O peto: Viva a pataca!


patacas-06

En 31 concellos do norte da Coruña e Lugo non imos poder sementar patacas polo menos durante dous anos, para acabar coa “couza guatemalteca”, que está poñendo en perigo a produción de pataca. Quizais ás lectoras/es de IRIMIA lles pode parecer que este tema da pataca é un tema menor. Para nós, non o é.

A pataca, que matou tanta fame en Galicia durante centos de anos, é un integrante fundamental da nosa alimentación e un dos poucos cultivos que se resiste á onda de consumo de produtos da industria alimentaria: non se cultiva entre nós o millo para a xente, nin o trigo, nin o centeo… É case o único produto co que apostamos pola soberanía alimentaria, a máis importante das soberanías: que cada pobo poida producir os alimentos que necesita para vivir.

E logo está a cultura da pataca, as relacións familiares e sociais coa pataca por diante: coméndoa, mandándoa aos fillos que están na vila, creando vínculos, suscitando amizades.

E o grave é que non repararon en nos dicir que tiñamos que ser serios coa pataca e sacrificarnos porque, ollo!, perigaban os grandes produtores de pataca da Limia e Coristanco, perigaba o mercado; os milleiros de produtores familiares non importaban.

E o grave e nunca visto é que para buscar remedios, xuntáronse técnicos da Xunta coa Policía Autonómica e a Garda Civil (!) cal se fósemos delincuentes; non foron convocados nin labregos nin sindicatos agrarios. Onde van os antigos axentes de Extensión Agraria que andaban as parroquias, que estaban ao pé da xente informando día a día? Non existen. Existen persoas sentadas detrás dunha mesa cubrindo papeis.

E terémoslle que botar fitosanitaros ás terras á forza. E teremos que comer merda. E as nosas patacas están condenadas a seren substituídas polas patacas andaluzas, francesas…, criadas ao xeito industrial. E, sen patacas de seu, producidas ao xeito tradicional, Galicia será un chisquiño menos Galicia. Así que, desde xa, solicito que alguén lle faga un monumento á pataca, á nosa pataca. Viva a pataca!

Manuel Regal Ledo

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón), Uncategorized coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s