DOMINGO 2 DE ABRIL. V de CORESMA


800px-jerusalem_tomb_of_the_garden

Xn 11, 1-45 – A PALABRA

Carme Soto – A CLAVE: Eu son a resurrección e a vida…

Christina – O Eco

Naquel tempo, Lázaro de Betania, da aldea de María e da súa irmá Marta, caera enfermo. María fora a que unxira ao Señor con perfume e lle enxugara os pés cos seus cabelos; o seu irmán Lázaro era o enfermo. Por iso, as irmás mandaron a dicirlle a Xesús: «Señor, mira, o que amas está enfermo.» Ao oílo, dixo Xesús: «Esta enfermidade non é para a morte, senón para a gloria de Deus, a fin de que por ela se glorifique o Fillo de Deus.» (…)

Cando chegou Xesús, atopouse con que Lázaro xa levaba catro días no sepulcro. Betania estaba preto de Xerusalén, a uns tres quilómetros: moitos dos xudeus foran onda Marta e María para lles daren o pésame polo irmán. Cando oíu Marta que Xesús estaba chegando, saíulle ao encontro. María, en cambio, quedou na casa. Díxolle entón Marta a Xesús: «Señor, se ti estiveses aquí, meu irmán non morrería; mais eu sei que, aínda agora, Deus che concederá calquera cousa que lle pidas.» Xesús díxolle: «Teu irmán resucitará.» Marta respondeulle: «Ben sei que resucitará na resurrección, no día derradeiro.» Díxolle Xesús: «Eu son a resurrección e a vida. Quen cre en min, aínda que morra, vivirá; e todo o que vive e cre en min, non morrerá endexamais. Cres ti isto?» Ela respondeu: «Si, Señor: eu creo que ti es o Cristo, o Fillo de Deus, que había de vir ao mundo. » (…)

Carme Soto – A CLAVE: Eu son a resurrección e a vida…  

No Evanxeo de hoxe recordamos unha escena que so aparece no relato de Xoán, pero que ten unha importancia moi significativa para a comunidade que el representa. Aínda que no centro do relato aparece Lázaro, Marta e María van ser quen conduzan a narrativa.

As dúas mulleres envían a chamar a Xesús para que se achegue a ver o seu amigo enfermo (Xn 11, 3). Marta, cando escoita que o Mestre está chegando a súa casa sae o seu encontro, e no dialogo con el, fai unha das confesións de fe máis importantes do evanxeo (Xn 11, 24-27). Son as dúas irmás as que coas súas preguntas, nas que reflictían a súa dor, realismo pero tamén confianza no seu amigo, van acompañando a Xesús ata o lugar no que puxeran a Lázaro. A súa casa será un lugar privilexiado de encontro co Mestre para outros e outras (Xn 11, 45). Deste, xeito, elas, amigas e seguidoras de Xesús, móstranse no relato como paradigmas do proceso de fe en él.

O camiño de encontro co Señor resucitado, no foi doado para as primeiras comunidades pois, ante a novidade da experiencia da Pascua, necesitaban novas palabras que lle axudaran a formulala e a transmitila a outros/as. O texto de hoxe mostra, da man de Marta e María, ese camiño de fe formulada e vivida. A resurrección de Lázaro, mais aló da súa historicidade, visualiza e concreta a certeza de que no encontro co Xesús resucitado ábrese tamén a fe e a esperanza na vida eterna para todas e todos (Xn 11,25-26).

Christina – O Eco

Revivir… saír do sepulcro da banalidade e do ir tirando compoñendo imposibles remendos para ir quedando ben en todas as frontes con cara de cartón e mirada sen fenda.

Si, o sepulcro é un aparello ingrato que decotío, moe vidas, corazóns, soños e profecías e cospe serraduras a cambio…para tapar no chan as babas do mal e a ignorancia… cinsa das urnas que regalan no crematorio.

Saír do sepulcro de calar sempre, tragar sempre, finxir que todo vai ben, que o mundo ten orde e senso, darlle máis pulo ao caos, dentro e fóra.

Saír do maino ruído da máquina do cotián que se traga as nosas vidas  como o aparello de radio tragas as pilas e por riba non transmite ben o concerto.

Saír do sepulcro das mentiras e das medias verdades, quitar a camisa e o chaleco antibalas, queimar a careta, rachar as muletas. Amosar a plena luz o que vai por dentro, o que merece a pena, o tesouro agochado… por nada, así, para regalalo con sorriso aberto e xunguir a miña luz á túa, na procura do Sol de todas as luces… e respirar como respira o mar. Deixar de sobrevivir. Resucitar!

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en boa nova coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s